Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O teatro baiés gaña dous premios no Certame de Intercentros  Correo-e
martes, 23 de junio do 2009

Image

Non faltou a Costa da Morte na XII edición do Certame de Teatro Intercentros. Participaban nada menos que uns mil douscentos actores noveis, representando a 85 grupos, pero aló estaban dous actores da nosa bisbarra para acadar un dos ansiados premios. A gala da "a meca" do teatro afeccionado celebrouse o pasado venres no centro Calvo Sotelo da Coruña.

Tan só o concello de Zas presentara as súas candidaturas aos premios, e son dous os que volven para a Costa. O primeiro, nada menos que en categoría senior: Marco Álvarez Rodríguez gañou o premio ao Mellor Actor Sénior, aí é pouco, pola obra "Bancagare: sucursal número 13", de Badius Teatro, de Baio. Xa podedes pasar polo Grupo de Facebook do teatro Badius que creou o propio Marco.

Marco naceu en Suíza, e rematou en Baio logo de vivir un tempo en Oviedo. As súas ocupacións levárono por Santiago, Carballo e Laxe, sempre tendo Baio como referente, xa que a afección ao teatro mantívoo unido á vila zaense. Así é membro do grupo de teatro Badius Teatro.

Tamén houbo premio en categoría xuvenil. En 5º lugar quedou a obra DRÁCULA, do prolífico Instituto Maximino Romero Lema. Estamos ante un centro cultural tremendo e así o refrendan por exemplo os dous premios do Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com