|
Obradoiro de creatividade para nenos en Cee |
Correo-e
|
|
martes, 23 de junio do 2009 |
|
A Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Cee organiza un obradoiro de creatividade para o mes de xullo. Un obradoiro dirixido aos nenos/as de entre 5 e 12 anos, que irá percorrendo as Casas da Cultura das parroquias de Brens, Ameixenda e Pereriña nos seguintes horarios: - Brens: martes, de 10:30- 12:00 h. (deportes, luns e mércores).
- Ameixenda: mércores: 10:30 – 12: 00 h.) (deportes, luns e mércores, a partir das 12:00 h.).
- Pereiriña: xoves, de 10:30 – 12:00 h. (Non hai actividades deportivas)
Programa Semana do 6 ao 12 de xullo - Elaboración dun “marco de conchiñas”.
- Charla sobre a importancia da protección solar.
Semana do 13 ao 19 de xullo - Elaboración de “collares de pasta de diferentes cores”.
- Charla sobre a roda dos alimentos, (con debuxos e actividades).
Semana do 20 ao 26 de xullo - Elaboración de “mariquitas e roupa".
- Charla sobre a igualdade de xénero.
Semana do 27 de xullo ao 2 de agosto - Elaboración de “posavasos de diferentes cores”.
- Charla sobre bebidas saudables e saúde bucodental.
Novas relacionadas Fonte
|