|
Os Batáns do Mosquetín, situados a carón do río Grande, no Concello de Vimianzo, representan un bó exemplo do patrimonio cultural e histórico que posuimos na nosa bisbarra. O control, a organización, o coidado e a explotación dos Batáns están concedidos á Asociación Neria, dirixida polo seu secretario Xan García Pouso, con quen mantivamos unha interesante charla. O conxunto, que podemos ver na imaxe de arriba, está composto por 3 batáns, varios muiños e canles de auga, nunha fermosa zona do río con numerosas rochas e árbores. Os muíños servían para facer a fariña, mentres que os batáns servían para reducir o volume das mantas de liño que facían cara finais do século XVIII e principios do XIX, de xeito que as mantas pasaban a ser máis compactas e máis útiles. Os batáns traballarán en directo A intención de Neria é a de poñer a traballar in situ os batáns, na foto da dereita, e os muíños. Deste modo o conxunto convirtiriase nun museo vivo facéndoo moito máis interesante. Neria atópase cun problema á hora de poñer a funcionar os batáns que é a a falta de auga, por mor do desvío do caudal do río Grande para a piscifactoría Isidro de la Cal, situada porta con porta co conxunto histórico. Isto provoca que en verán sexa completamente imposible poñer a funcionar os batáns, só deixando a posibilidade para os tempos de crecidas. Neria conta con 34.000 euros para montar un Centro de Interpretación con vídeos e mesmo unha pantalla táctil interactiva para que os visitantes poidan informarse dun xeito máis divertido. Horarios Os Batáns están abertos entre as 11:00 e as 20:00 durante o verán, coa presenza dunha guía que presenta e conta como funcionan os batáns ademais de tentar resolver as posibles preguntas dos visitantes. Para o inverno, aínda se está pensando a posibilidade de manter este horario ou reducilo a de 11:00 a 15:00, agás as fines de semana no que o horario será seguro de todo o día. Asistencia No que levamos de ano e ata o mes de agosto a asistencia aso Batáns chegou ata os 5870 visitantes, sendo o propio agosto o mes máis axetreado con 2670 interesados. Como chegar Seguindo a estrada AC-550 dirección Carballo, un pouco antes de chegar a Baio estamos pendentes dun cartel que indica o desvío aos batáns, por un camiño moi estreito, a man esquerda na estrada. Máis información Fonte - Redacción de Que pasa na Costa.
|