|

Hai movemento nas páxinas webs dos grupos políticos. E cada vez máis. A Agrupación dos Socialistas de Cee conta cun novo deseño na súa activa páxina web: visitar a nosa nova imaxe na páxina web: www.psoedecee.com. Por Cee o movemento é tremendo en tanto que hai apenas mes e medio que o concello conta cunha páxina web e os técnicos e concelleiros están apredendo a marchas forzadas para darlle vida á páxina. Así, a web dos Socialistas de Cee vese beneficiada, xa que unha parte dos traballadores do concello son parte do partido. Iso, hai que destacar que antes foi a páxina do PSOE ceense que a do concello, malia que pareza incrible. I é que www.psoedecee.com naceu en decembro do 2006, para pór un arranque cara ao pobo meses antes das Eleccións Municipais do 2007, sendo un dos medios de comunicacións máis novidosos do Concello nestes ámbitos. O portal serve ademais como referente comarcal, e mesmo internacional, xa que hai rexistradas unha morea de visotas dende a emigración. Outros espazos políticos A día de hoxe, hai varios espazos de internet dos partidos politicos. Salietábamos o blog do BNG de Carnota, ou o do alcalde de Ponteceso, este do PP. Ouras das páxinas políticas máis activas é a do PSOE de Ponteceso. Agardamos que o resto de agrupacións políticas, e concellos, tomen nota e asuman que a internet xa é unha ferramenta básica de comunicación na sociedade de hoxe en día, a pesar de todas as carencias que temos na Costa da Morte en materia de infraestruturas. Fonte Fonte
|