|

A falta dunha semana para o peche da votación da Elección Histórica da Costa da Morte, queremos facer a nosa pequena homenaxe aos verdadeiros artífices desta iniciativa didáctica sobre a historia da nosa bisbarra: os especialistas colaboradores. Uns historiadores, outros afeccionados á historia e amantes da Costa da Morte, os nomes que elixiron sírvennos para coñecer un pouco máis o noso pasado. A todo isto, a votación está de novo aberta para esta semana. Antes de nada, queremos agradecer a súa desinteresada colaboración, tan só por tratar de coñecermos mellor a Costa. Todo un luxo para QPC e para corcubion.com contar cos mellores especialistas no campo, dende logo. Queremos destacar varias colaboracións, polo interese que mostraron. Primeiro, salientar e agradecer a aportación de Xosé María Lema Suárez, que traballou arreo para conseguir os persoeiros de dous concellos. Imos ata Ponteceso, onde, valiente coma ninguén, estivo Jesús Méndez Torrado, máis coñecido como Suso de Basilio. Suso apostou por xentes do hoxe, xentes non tan recoñecidas como Mourelle da Rúa ou Eduardo Pondal, que a día de hoxe lidera a clasificación total. Iso sí a súa homenaxe a Cristina Cervigón quedará para sempre. Curiosa e moi interesante foi a iniciativa de Xoán S. Pazos, quen a través súa bitácora Promontorio Nerium. Un blog cun contido histórico tremendo, e en sabendo que os máis sabios fisterrán pasan a miúdo polo blog, Xoán determinou que serían os seus propios lectores os que decidisen quen participaría na Elección. Así, propuxo unha enquisa que foi a que determinou aos 3 elixidos. Continuando polo norte da bisbarra, temos que falar da participaciónde Xosé Maria Varela, e mais de Xose Manuel Varela Varela. Ambos estiveron atentos a cada detalle, e gracias a eles puidemos corrixir moreas de erros. Todo un luxo contar con dúas persoanlidades deste calibre, dos que fan falta para dinamizar a bisbarra. E claro, non podemos olvidarnos dos Víctor Castilñeira e Jano Lamas, Jano Lamas e Víctor Castiñeira. Para nós, tanto o ceense coma o corcubionés son da casa, e non podemos máis que poñelos nun pedestal por facer do QPC un espazo onde a historia está viva. As súas colaboracións co Especial Bicentenario da Guerra da Independecia e coa columna do Que pasou na Costa son de verdadeira calidade. Finalmente, foron todos estes os que participaron directamente esta Elección Histórica da Costa da Morte, aos que queremos agradecerlle enormememnte a súa desiteresada colaboración, e aos que instamos a participar sempre que queiran a facer deste diario un centro cultural da Costa: Outros consultados Non quedou aí a participación dos especialistas, xa que tivemos a asorte de contar con outras personalidades que nos botou unha man e axudou a dinamizar a votación de xeito importante. Aí temos a Juan Campos, todo un dinamizador a través dos comentarios, que ata nos escribía un documento sobre o Valente de Fisterra. Tamén estivo moi atento Jose Luis Galovart Carrera dende Carnota, e un valente Xelucho Abella, que a súa falta de relación coas novas tecnoloxías fixo complicada a colaboración. Agradecemos o interese que mostrou e loubamos a súa valentía nestes tempos. Non podemos olvidar a Luis Giadás, ou a Felipe Senén, que ata comentaba a iniciativa, pero ao que si olvidamos é a Xosé Ramón Barreiro Barral, un home demasiado ocupado, que ata nos dixo que a súa relación con Carnota era menor. Gracias a todos, a toda esta marea de personalidades que nos achegaron un pouco máis ao noso pasado e á nosa historia. Gracias e agardamos que en breve poidamos seguir aprendendo con vós, porque o que aprendimos ao longo destes dous meses de singradura histórica, que diría Modesto Fraga, non ten parangón. Elección Histórica Novas relacionadas
|