|

Pasabamos esta fin de semana polo colexio Praia de Quenxe de Corcubión, que celebraba a festa de fin de curso. Á festa acodiron varios membros da Asociación Universidade Popular de Corcubión, para entregar uns agasallos aos cativos. Non eran máis que uns bolsiños, pero un bolsiños con lema: "Goza do galego". Decide a directiva da Asociación comezar unha campaña en prol da lingua galega ao vela nunha situación clave para o seu estacamento ou espallamento. Ao longo deste ano, a asociación continuará con esta campaña para seguir concienciando aos pequenos, e mais aos máis maiores. Manifesto a prol da lingua galega da Universidade Popular de Corcubión A Universidade Popular de Corcubión pon en coñecemento a todos os socios, medios de comunicacións, veciños e asociacións do seu posicionamento sobre o estado da lingua galega neste momento. Poñemos en marcha dende esta semana a campaña “Goza do galego, móvete en galego”, dita campaña consistirá en divulgar entre todos os sectores a lingua galega, comezando o venres 19 de xuño coa entrega dunhas bolsas de tela co eslogan da campaña, nas que irán un Cancioneiro Popular de Corcubión e bolígrafos, que serán repartidos áS/ós alumnas/os do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión no festival organizado pola ANPA do colexio, dando así tamén o apoio preciso ao colexio do pobo, que agora mesmo atópase en momentos de incertidume. Cremos que cada un ten dereito a que a súa lingua propia sexa oficial en todo o territorio, polo tanto o galego debe desfrutar dun “status” legal en Galicia tal e como desfruta o castelán no resto de España. No noso territorio o galego aínda segue a correr perigo, así que pensamos que o castelán non corre tal perigo, cousa que seguen afirmando asociacións “lingüísticas” unha e outra vez e algunha que outra administración pública galega. A igualdade ten que chegar dende a aceptación, por parte de quen a nega, de que existen dúas linguas difernetes e non se pode negar a convivencia entre as dúas como ben se fixo ate o de agora. Non se recorda ate o de agora un conflicto lingüístico como o que estamos a vivir, polo tanto o apoio desta asociación á conservación e defensa do idioma de galicia é firme e sen excepción algunha. Novas relacionadas Fonte
|