doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Jorge Guitián inaugura as Xornadas de dinamización cunha Charla sobre gastronomía histórica  Correo-e
martes, 23 de junio do 2009

Image

As Xornadas de dinamización do Patrimonio Cultural 2009 de Vimianzo comezan este mércores 24 de xuño de 2009. E que mellor xeito que cheirando a comida, e a comida tradicional. Así, a primeira sesión inclú unha Charla sobre Gastronomía Histórica.

A organización do concello aproveita ademais o interese pola gastronomía histórica demostrada polo sector a través da iniciativa dos "Pinchos Irmandiños". Deste xeito, a charla pode servir aos hostaleiros a ter novas ideas para o concurso dete ano,que está pensado para a fin de semana do Asalto ao Castelo, que coñeceremos estes días en QPC.

O profesional que impartirá a charla será Jorge Guitián, webmaster do coñecido blog culinario gourmetymerlin.blogspot.com. O título da mesma será "Cultura, territorio e actualidade na cociña: deseñar unha proposta gastronómica atractiva en tempos de crise".

Afondando na persoa de Jorge, podemos dicir que se trata dun experto gastrónomo galego, gañador de prestigiosos premios coma o nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cuqueiro (2008) ou o Navarra Gourmet (2009) ó mellor blog gastronómico.

A charla será pois o mércores, 24 de xuño, ás 17:00h no Telecentro (ó lado da Igrexa de Vimianzo) e as persoas que desexen inscribirse deberán contactar co Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local, falando con Rosa ou Lorena.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo, da man de Rosa Sánchez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com