Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Ingenio de Camariñas  Correo-e
miércoles, 24 de junio do 2009

Image

O Encaixe de Camariñas continúa expandindo os seus bolillos polo mundo enteiro. O ano pasado o encaixe vestía os mellores modelos de Italia; este mes facía o propio con Cataluña; e ademais, o "encaixe xa se expande a traves da rede. Pero hoxe imos ata ás illas Canarias.

Aló, á vila de Ingenio, en Gran Canaria, acudiu unha delegación do Concello de Camariñas formada polo Concelleiro delegado de Desenvolvemento, Encaixe, Turismo e Traballo Sergio Caamaño, a directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Mª Dores Lema e catro palilleiras pertencentes ás dúas asociacións do Concello, Matilde García Pasantes e Josefa González Castiñeira da Asociación Profesional de Camariñas - Rendas e as irmás Rosa e María Liñeiro Freire, da Asociación Palillada.

Image 

Doble motivo

Había dúas razóns para a chegada da delegación camariñá. A primeira era a participación na II Feria de Artesanía da vila de Ingenio, celebrada os pasados 19, 20 e 21 de xuño. E a segunda era a sinatura do irmandamento dos dous Concellos, que farán unha colaboración continua entre ambas zonas, a través dun deses acordos que sempre crean sinerxias.

A feira incluía moitas actividades, co Enxaice como centro de peracións, ao carón das outras artesanías típicas das illas. Houbo demostracións dos oficios artesáns, como calado ou barro, ademais, por suposto, do encaixe. Tamén houbo demostración e desfile de traxes. A nosa delegación impartiu unha charla sobre a comercialización do Encaixe e sobre a Mostra. E ara finalizar, ademais dun festival de folklore infantil, houbo degustación de gastronomía galega cun ventorrillo e quiemada.

Image

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Camariñas, da man de Sergio Caamaño.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com