Martes, 09 de febreiro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Volta a polémica en torno á piscifactoría de Touriñán  Correo-e
miércoles, 24 de junio do 2009

Image

Esta semana a Xunta de Galicia e a empresa Pescanova realizaron unha nova ofensiva anunciando que a planta acuícola do Cabo Touriñán vai cara adiante. O Partido Popular da Costa da Morte maniféstase estes días agradecendo o paso dado pola Xunta e por Pescanova, e ata pide ao BNG e PSOE desculpas pola "oportunidade perdida" ao anular o proxecto no seu día.

Van máis adiante os membros do PP considerando un éxito a construción da nova factoría de Mira, o que confirma o que para eles significa un "gran erro" do Bipartito ao "rexeitar o proxecto e a oportunidade perdida para a Costa de la Muerte", como o partido gusta de dicir. Neste sentido, o PP lamenta que os rodaballos falen agora portugués e non galego (ou castelán), malia que semella que ambos proxectos poden ser compatibles.

Os alcaldes

Boa parte dos alcades da bisbarra están dacordo coa construción da planta, como indican a La Voz de Galicia estes días, e mesmo algún agarda como auga de maio a chegada da planta, por considerala moi importante para o tecido industrial. Non importanan as cores ademais, e tanto, os do PP coma os do PSOE consideran moi positiva a chega da macropisicfactoría.

Os opositores

Outra parte da Costa oponse claramente á chegada dunha macropiscifatoría. Os datos dos "postos de traballo" que venden o Partido Popular e a empresa xa non son cribles para a Costa, logo de tantos números baleiros. Así a loita continúa en termos de coidado do noso patrimonio natural, como indican os colectivos ecoloxistas como Adega ou PX da Ponte do Porto.

É ADEGA a que volve á carga contra as palabras máxicas dos "postos de traballo". Adega non cre que se vaian crear os 600 que asegura Pescanova, e apunta que a día de hoxe en todo o sector da acuicultura de costa en Galiza, traballan menos de 500 persoas. Adega apunta en "Camariñas, na planta de Cabo Vilán (a máis grande de Galiza) traballan hoxe menos de 50 persoas", se ben en Lira, un dos centros da Stolt Sea Farm na zona, hai ata 70 empregados. Para Adega as adminstracións teñen "unha responsabilidade en termos de protección das zonas da Rede Natura", mentres que para o PP, como apuntou Carmen Borbujo na Radio Nordés, "no podemos volver al taparrabos".

Outros dos que alzan a súa voz a este macroproxecto é unha das voces máis coñecidas da bisbarra. Fran Hermida, dende a súa bitácora senxeito.eu, fai explícita a súa repulsa a esta idea, que rematará con outra das paraxes máis virxes da comarca. Fran é outro do que non entende que cometamos o mesmo erro que no Cabo Vilán, onde realmente influimos negativamente cunha paraxe inigualable coa construción dun parque eólico que roza o cabo e unha piscifactoría aos mesmos pés. Nun lugar verdadeiramente de época, que serve para rematar un dos roteiros máis incribles da Costa da Morte, como é o percorrido dende Arou ata o Cabo Vilán atravesando as Praias do Reira e do Trece, o Monte Branco e o cemiterio dos Ingleses.

Con todo, bótase de menos a loita das Plataformas contra o Plan Acuícola, que seguen agardando a confirmación por parte da Consellería do Mar da anulación dos seus proxectos sectoriais. Nin Camelle, nin Seiruga, nin Merexo manifestáronse claramente en contra deste macroproxecto, se ben enténdense que agarden a anulación fixa dos proxectos. Carmen Borbujo asegurou que os proxectos están olvidados.

Image 

Vídeo de Francisco Santiago López

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com