|
Últimos días para enviar as receitas ao concurso de Mardelira |
Correo-e
|
|
miércoles, 24 de junio do 2009 |
|

Unha cesta de marisco fresco do Mar de Lira por valor de 200€ están agardándote. Ese é o premio do Concurso de Receitas que artella a Confraria de Pescadores de Lira a través da páxina web 100x100mardelira.com, web desenvolta pol empresa corcubionesa Galinus Comunicación en Internet. Con este concurso a Confraria de Lira pretende revalorizar os produtos do mar carnotán que comercializan na loxa e a través da rede dende Lonxanet. E para gañalo hai que enviar unha receita con algún dos produtos da lonxa carnotá. Pero hai que envialas xa, porque o prazo para envialas remata o vindeiro martes 30 de xuño de 2009. Para facelo pódense enviar as receitas na páxina web www.100x100mardelira.com ou directamente ao correo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Últimas receitas Entre as últimas receitas que chegaron ao concurso, destacamos un par. Unha chega dende A Coruña. Trátanse duns Longueiróns en salsa mariñeira, que enviaba Pilar Martínez López, webmaster do blog La Cocina de Lechuza. E tamén chegan dedne a bisbara. Así, o compañeiro do Pindo Antón M. Lado Riveiro, que coida de varias bitácoras sobre a súa vila. Antón aporta unha receita típica da Costa, o Arroz Caldoso con Bogavante. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|