Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"Beneficio cero, obra social cero"  Correo-e
miércoles, 24 de junio do 2009

Image

Así resumíu Antonio Xoubanova o parecer da Caixa Galicia ante a protesta dos veciños de Lira polo peche da sucursal: "beneficion cero, obra social cero". Así o explicaba logo da reunión mantida na mañá do mércores 24 de xuño de 2009, entre 3 representantes dos veciños e o Delegado de zona de Caixa Galicia, Xoan Carneiro. Con Antonio falabamos e as novidades non son moi alentadoras.

Á porta, uns 60 ou 70 veciños volvían mostrar a súa disconformidade coa decisión da entidade bancaria, nunha desmostración de que a veciñanza da Costa da Morte está moi viva, e que cando mexan por nós, xa non dicimos que chove.

Image 

Poucas esperanzas

Antonio Xoubanova, Pedro Valayo e unha pensionista do lugar participaron na reunión, na que os directivos da Caixa non deron a última palabra. Quedan pendentes os veciños da última palabra, pois falta o informe final do xefe de zona, e trasmitir esa decisión aos veciños antes da fin de semana, xa que o venres é cando a entidade ten previsto o peche. "Hai esperanzas de que se faga algo, pero a verdade, moi pouca perspectiva de cambie a decisión", asume Antonio.

Obra social?

Os 3 representantes veciñais fixeron fincapé, sobre todo, no que diferencia á Caixa do resto de bancos: a obra social. A resposta, xa a limos no titular. Os directivos argumentaron que a sucursal de Carnota triplica en volume de negocio á de Lira, razón polo que se tomaba a decisión. Quédalle a dúbida da Antonio, de ver, se as cousas se fixeran con máis tempo, que se todos os veciños de Lira con cartos na oficina de Carnota, a trouxesen á de Lira, "cal habería que pechar?"

Antonio toma tamén outros pensando en como facer recapacitar ao banco. Antonio mesmo anima aos veciños de Lira e Lariño a quitar os cartos da Caixa Galicia e metelos noutra entidade, a ver se así, a Caixa reacciona.

Ademais, Antonio fala da posible saturación que vivirá agora a oficina de Carnota, e lembra a perda de beneficios para a zona, onde conta coa confraría, probablemente máis activa da bisbarra, cunha piscifactoría referente, e cunha morea de comecios. "Non é o mesmo pechar 10 minutos o negocio para ir ao banco, que unha hora", razona Antonio.

Image 

A política representada e pleno extraordinario

Desta volta estiveron todos os partidos políticos representados. Estivo de novo o BNG, con Euloxio Franco e Tomás Freire. Tamén estivo un representante do PSOE, Juan Saborido, e esta vez acodiron dous representantes do Partido Popular, Chus González Senande e Peregrino E. Cambeiro Pérez, 3º e 4º tenientes de alcalde.

E a problemática chegará o pleno o vindeiro luns 29 de xuño de 2009. Un pleno extraordinario. ás 20:00h no que se debatirá sobre o peche da sucursal, e ao que están invitados todos os veciños para manifestar con rotundidade o seu malestar pola marcha dun novo servizo.

Gran mobilización veciñal

Antonio Xoubanova quixo agradecer enormemente o comportamento da veciñanza, un feito que dá esperanzas de que cando se necesite a loita veciñal, Lira estará a pé de guerra.

A loita veciñal continúa. Se o pasado luns un centenar de persoas se manifestaron pacificamente ás portas da sede central da entidade na Coruña, esta semana a oficina de Lira será un continuo fervedoiro.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com