|

Non pasou desapercibido o San Xoán na Costa da Morte. Se pola Coruña, grande feudo da fogueira, pasaron a noite recollendo firmas para pedir un San Xoán festivo, pola Costa tomamos nota e nos unimos ás reivindicacións. Houbo moitos pequenos puntos na Costa onde se saltaron as cacholas, cacharelas, lumareas, chascas... ou como queiramos chamalas. Moitos pequenos, pero ningún enorme. Varios centros importantes, como Camariñas, Camelle, ou no Ézaro. Foi precisamente o Ézaro onde eliximos nós pasar a nosa noite meiga, ao igual que o fixo o propio alcalde dumbriés. E o fixemos na praia, ao carón do Bar Praia do Ézaro, que preparaba unha churrascada-sardiñada con sangría, e música; ademais da gran cacharela, por suposto. A verdade, un pouco de blues ao carón da lumarea... hai cousas que non teñen prezo. Estiveron os Bakin´Blues, grandes enamorados da Costa, que repetiron noutra noite do San Xoán da Costa (ao longo desta semana traeremos un vídeo dos Bakin desta mesma noite meiga). Esta fin de semana máis San Xoán en Fisterra Esta fin de semana será Fisterra a que celebre o seu San Xoan. Será na Festa da Xuventude, na praia Langosteira. O venres 26 de xuño, maxia co Mago Antón, e o sábado, os Kilomberos de Monte Alto, grandes dinamizadores do San Xoan coruñés, e a discoteca móbil dando caña durante toda a noite. Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Aymará Giglione.
|