Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cabana de Bergantiños clausura as súas escolas municipais de música e teatro  Correo-e
jueves, 25 de junio do 2009

Nesta fin de semana, os verdadeiros protagonistas da cultura de Cabana de Bergantiños será o alumnado da Escola Municipal de Música e da Escola Municipal de Teatro. Case un par de centos de músicos e actores encherán de creatividade o escenario do Auditorio que, coma na pasada edición, serán motivo máis que suficiente para que as butacas desta infraestrutura quede pequena unha vez máis.

José María Álvarez Canto é o directo da Escola de Música, mentres que os rapaces da Escola Municipal de Teatro estándirixidos polo profesorado da Escola da Rúa e pola dramaturga carballesa Silvia Losada Crende.

Primeiro os músicos

A quenda para os aprendices de músicos cabaneses terá lugar o venres 26 a partir das 20.00 horas. Ofrecerán un amplo festival de música no que pianos, gaitas, voces, guitarras e distintos instrumentos de percusión poñerán en solfa tanto temas de corte clásico como de carácter tradicional.

Case un cento de alumnos e alumnas interpretarán dende o Carrillón de Vendome, un vals de Tchaikovsky, O son da sega, a canción Tengo, tengo, tengo, unha Marcha heroica, un Souvenir de vals, a tradicional Pernas pra riba, o tema central da película Harry Potter, a canción Se fue, o tema Carnaval, unha eléctrica Animal instick e, como peche a potentísima peza O galo tan popularizada estes anos polo grupo de pandeireterais Malvela.

Queda de actores

A quenda para actores e actrices programouse para o sábado 27 á mesma hora. Un elenco de 91 artistas levarán ás táboas once obras teatrais que van desde os 10 ata os 30 minutos de duración. Son grupos que proceden da maioría dos colexios do concello: do CPI As Revoltas e das escolas unitarias de Fontenla, Corcoesto, A Mata, Cundíns, Neaño e Borneiro.

Con isto o concello de Cabana de Bergantiños achega de modo admirable a arte e a creatividade dramática á totalidade do público escolar do municipio. Os títulos que se levarán á escena son O romance do príncipe Micomicón e a princesa Adela, A familia Porcón, O rei de case todo, Mary Pulga, A asemblea dos ratos, A bolboreta e a tartaruga, A voda da pulga e o piollo, O retábulo das marabillas, A pequena historia de Romeo e Xulieta, Pérez, O Rato e, por último, A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela Varela.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com