|

Varios son os Bancos de Tempo da Costa da Morte que continúan moi activos. Outros concellos xa viron como o periplo da Axente de Tempo rematou, e será moi difícil que o concello continúe con estas actividades. Pero noutros concellos aínda está moi vivo e ten moitas posibilidades de afianzarse como algo estable. Agora toman o relevo os concellos, que serán os que teñan que asumir estes proxectos unha vez que as axudas da Xunta remataron. Así ocorre nos concellos de Zas, Laxe, e sobre todo, Vimianzo, onde as Axentes de Tempo están a facer un traballo estupendo, pero agora quedan orfos das súas responsables. Imos repasando as íltimas actividades que realizaron en cada concello. En Vimianzo rematou o Obradoiro de Artesanía Téxtil O pasado, luns 22 de Xuño, remataron as actividades do Taller de Artesanía Téxtil que estaba a levar a cabo o Banco de Tempo do Concello de Vimianzo. As actividades desenvolvéronse en horario de tarde durante 5 semanas no Edificio de Servicios Múltiples de “A Torre”. Este Obradoiro foi impartido polas propias usuarias do Banco que debían horas e ofrecéronse, cada unha delas, a transmitir os seus coñecementos nunha materia relacionada co eido do téxtil. A participación foi boa, ó igual cas demais actividades que se fixeron, houbo un total de 21 persoas sen contar as 5 maestras. Arriba de todo vemos as clases de palillos, a segunda é a de Ganchillo e aquí embaixo vemos ade Vainica, Punto de cruz e Costura. A axente de tempo vimiancesa, Laura Castiñeira, está máis que satisfeita polo traballo realizado nestes, i é que falamos sen dúbida, do concello onde a proposta mellor calou na veciñanza. Entre os obxectivos acadados, fomentouse a igualdade; fixeronse intercambios o máis axeitados posibles as necesidades plantexadas polos usuarias e as usuarias; axudouse a unha mellor integración social; houbo un intercambio interxeracional; fíxose que esta medida tivese un beneficio directo e indirecto, etc. 9 meses nos que os veciños aprenderon a moverse a través dunha economía sen cartos. 

As masaxes de Zas A semana pasada tivo lugar o 5º taller do curso de masaxes que Isabel, unha das usuarias do Banco de Tempo de Zas, está a impartir no Concello. Dito taller estivo dedicado ó reiki: unha terapia enerxética que se fai mediante imposición de mans tocando suavemente ó corpo. Como no resto dos talleres, o nivel de asistencia foi alto, pero todos puderon pasar pola camilla tanto para poñer en práctica as explicacións de Isabel como para recibilo masaxe por parte dos compañeiros. Este iba a ser o último taller deste singular curso de masaxes, pero debido ó interese mostrado polos participantes, decidiuse alongalo 2 días máis. Polo tanto, o próximo venres 26 de xuño os que asistan farán un repaso do visto ata o de agora e poderán poñer en práctica todo o aprendido mediante a realización de masaxes integrais. Laxe O banco de tempo organiza actividades varias como xogos de mesa, puzzles, actividades de memoria, pasatempos, chalas... Unha morea de cousas enfocadas a que os nosos maiores pasen unhas boas tardes entretidas. As datas serán os mércores 1, 8, 15, 22 e 29 de xullo de 2009; en horario de 17:30 a 20:00h, no Local Social de Aprazadoiro, e o prazo de inscirición remata o 30 de xuño. Ademais tamén prepara un obradoiro de informática para adultos. Será os días 26 de xuño e 3, 10 e 17 de xullo de 2009, de 19:30 a 20:30h na Axencia Lectura A Torre. Inscrición ata 24 de xuño (Prazas Limitadas). Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
Máis novas sobre os Bancos de Tempo da bisbarra Fonte - Nota de prensa das axentes de Tempo dos concellos de Vimianzo, Zas e Laxe.
|