|
A pé por terra e a vela por mar |
Correo-e
|
|
jueves, 25 de junio do 2009 |
|

Continúan as Xornadas de Pesca coas súas actividades para a mocidade. Ao longo da semana a Confraría de Pescadores do Pindo programou unha morea de morea de actividades, que comezaban o pasado martes co trueiro na man, nunha xornada de pesca a pé polas pedras do Pindo. Onte, mércores, a sesión volvía terra adentro para realizar unha ruta a pé: a Ruta do Fornelo, a última que ten sinalizado o ocncello de Carnota.  É precisamente o concello carnotán un dos que máis se fixa na sinalización de rutas a pé. Se ben en Laxe van máis alá e conseguiron a homologación de dúas rutas. Estas iniciativas poden facer da nosa bisbarra un verdadeiro pasaiso do sendeirismo, o que nos convertiría nun referente turístico en todo o mundo. Sempre e cando manteñamos virxes os nosos tesouros naturais, algo que non temos de todo claro. Da terra ao mar As Xornadas de Pesca trasládanse a Corcubión, onde Cataventos Escola de Vela impartirá un curso de vela aos rapaces que están participando nas actividades preparadas. E para mañá venres, xa comezan as actividades para adultos. Poden botar un ollo Programa das IV Xornadas de Pesca Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografías da Confraría do Pindo.
|