Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Volve ruxir a voz dos Irmandiños  Correo-e
sábado, 27 de junio do 2009

Image

O primeiro sábado de xullo, volve alzarse en Vimianzo a voz dos Irmandiños, que intentarán vencer ó señor do Castelo, como fixeron por vez primeira aló no 1467, e como veñen facendo nos últimos 14 anos. Comezara como un pequeniño e familiar festival folk, pero foi medrando e collendo vida propia, ata converterse nun dos referentes do verán da Costa da Morte e de todo o país.

O Asalto serve de mostra para ver o poder veciñal. Unha festa que, malia convertirse nun foco atractivo para todo Vimianzo e para toda a Costa da Morte, non recibe apenas axudas das administracións. Xa en febreiro alzara a voz a organización pedindo algo de colaboración por parte do concello.

Ademais, a visita a esta festa tradicional teatreira e moi divertida e auténtica, pode servir para achegar ás xentes do país ata a Costa. Dende a propia organización queren ofrecer as marabillas da Costa, coma os Penedos de Traba e Pasarela, a ruta megalítica, ou o mesmo Castelo de Vimianzo e a súa Mostra de Artesanía en vivo.

II Xornada do Pincho Irmandiño

Conflúen os intereses en Vimianzo, e canda o asalto, o sector hostaleiro ponse dacordo para ofrcer tamén unhas xornads gastronómicas moi interesantes. Logo éxito do ano pasado, cando se agotaron existencias con moita rapidez, este ano repiten 7 bares, dous máis que o ano pasado. Así e todo, todos os bares vimianceses estaban invitados, e tan só 7 se animan. Veremos se anos vindeiros hai máis participantes.

Este ano celebrarase ao longo dos días 2, 3 e 4 de xullo. Os pinchos costarán ,1,50 euro, e serán os propios clientes os que fagan de xurado.

ProgramaImage

  • 20.30: Apertura da cociña.
  • 22.30: Comezo Concertos;
    - Duplo son.
  • Media noite: ASALTO Ó CASTELO.
  • Máis concertos:
    - Ophiusa;
    - The Turre´s Band;
    - Pincha DJ Freando a esteso;

A entrada será de balde, hai zona de acampada libre, servizo de cociña e mais unha carpa en caso de que chova.

As bandas

A música galega está chamada a ser a protagonista da festa.

Duplo son

Duplo Son persigue un estilo fresco e vivo, onde a potencia rítmica levada polas numerosas percusións se enfronta ás melodías, nun xogo no que todo atopa o seu espazo.

A fusión é a bandeira, e a lingua galega o vehículo de expresión, sen ningún tipo de prexuízo onde os límites só se atopan na propia imaxinación de cada composición; os sons da música latina, o jazz, o funky, o mestizaxe e incluso a tradición galega forman parte do abanico sonoro que se pretenden explotar neste espectáculo.

Ophiusa

Ophiusa ten un disco editado “Paus”, no que se poden percibir as esencias do que é galego de seu e onde se combinan as diferentes influencias estilísticas coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Neste disco tamén se recoñecen aromas de swing, de reggae, de bluegrass, todas elas músicas populares, músicas do pobo, unha mestura de ritmos onde se fai unha homenaxe as cousas cotiás. Ophiusa é, xa que logo, un espello onde se mira a cultura popular do pobo. Folk- fushion de alta calidade que nos fará vibrar despois do asalto.

The Turre´s Band

Esta banda, formada por once músicos e que comezou no 2002, presentará o seu disco Algho hai onde os seus nove ventos e dous percusionistas desenvolven un ritmo tolo que te impedirá estar quedo no sitio, os teus pés non pararán de bailar. Insuperables á hora de facer festa, cun repertorio que vai dende o máis tranquilo e elegante swing ata o desenfreo da música balcánica ou ska. Moita troula promete esta banda que non deixará indiferente a ninguén.

A banda toca esta fin de semana no Festival ConVdeValarés.

Xa sabes... Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una nota máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Blog do Asalto ao Castelo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com