Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Novo golpe contra o furtivismo da Costa  Correo-e
viernes, 26 de junio do 2009

Image

Semella que as accións contra o furtivismo da Consellería do Mar dan os primeiro froitos. Ao longo da pasada xornada o Servizo de Gardacostas desenvolveron un opretavio en varias zonas do país, entre as que se atopa, como non, a Costa da Morte. Outras decomisións sucederon na Coruña, na zona do Portiño, de onde vemos estes percebes.

Así no operativo desenvolvido na Costa da Morte, os axentes incautaron na zona da Punta do Cabalo (entre Corme e Laxe) 6 pezas de trasmallos, 6 pezas de betas, 22 nasas de nécora, lumbrigante, santiaguiños e nécoras. Tódalas artes estaban sen identificar. Os axentes devolveron ao mar as capturas de peixe.

En Fisterra

No Seno de Corcubión e Fisterra o Servicio de Gardacostas de Muxía-Portosín xunto co Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA) de Corcubión decomisou 67 quilos de ameixa rubia por exceso de cupo dunha embarcación con base no porto de Fisterra e 61 quilos de vieira (429 unidades).

Adoptouse a medida cautelar de paralizar a embarcación e incautar tres endeños así como dous barreñóns e tres salabardos, suspendéndolle temporalmente a actividade ata que se adopten as medidas unha vez que se inicie o procedemento sancionador.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com