Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Corcubión denuncia un "trato de favor no urbanismo" por parte do alcalde  Correo-e
viernes, 26 de junio do 2009

Image

O BNG de Corcubión vén de enviar unha nota de prnesa na que denuncia que o goberno municipal deu permiso de palabra a unha empresa hostaleira, que carece de licencia de obras. Trátase do Hotel El Hórreo, situado á entrada da vila dende Cee, e que está a remodelar a parte baixa do edificio para costruir uns ventanais na fachada principal.

Así, o concelleiro do BNG Arturo González, solicitaba por rexistro un informe de secretaría acerca das medidas adoptadas por parte do alcalde, sobre as obras que se están executando no baixo dun hotel para un negocio de hostelería. Para González, a empresa non conta con licencia municipal, polo que estaría incorrendo nunha infracción urbanística. Segundo sinala González, foi a secretaría do concello a que lle fixo saber ao BNG desta situación ilícita. O concelleiro, despois de preguntar polo respectivo expediente, obtivo por resposta que "non existía ningunha licencia de obra".

O BNG maniféstase sorprendido ao coñecer esta situación, e lembra as palabras do alcalde nos medios de comunicación. Segundo o BNG, o pasado día 11 deste mesmo mes, o alcalde Francisco Lema dixo que ía fomentar o sector da hostelería e da restauración, "poñendo como exemplo a empresa que está incumplindo a normativa urbanística ao executar obras sen a oportuna licencia". en palabras do BNG.

O concelleiro nacionalista, Arturo González, referíase a esta situación manifestando que “o alcalde segue coa súa política de trato de favor aos amigos no urbanismo. Os seus amigos están exentos de cumplir a normativa, e o resto ou ben con expediente aberto, ou con contenciosos no xulgado.”

O concelleiro do BNG considera que para el esta situación non é nova “pois este alcalde na súa área de urbanismo sempre tivo máis sombras que luces, como o caso de chulavista, que dende decembro leva sen tocar e sen abrir o expediente de reposición de legalidade, tal e como lle instaba o Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica da Xunta de Galiza. E este caso do baixo do hotel, é outro exemplo máis”.

O BNG agarda a que o alcalde tome as respectivas medidas de disciplina, contra unhas obras que carecen de licencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concelleiro Nacionalista de Corcubión, Arturo González.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com