Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Mar abre a veda do polbo  Correo-e
viernes, 26 de junio do 2009

A Consellería do Mar mantén os mesmos topes de captura do polbo que as da anterior tempada. Así, dende o vindeiro 6 de xullo, día que se abre a veda, ata o 31 de agosto, o tope máximo será de 40 quilos por embarcación e día, e 40 mais por cada tripulante debidamente enrolado e a bordo.

Mentres, entre o 1 de setembro e o 31 de decembro, o tope máximo da captura será semanal, establecéndose 200 quilos por embarcación e 200 quilos máis por mariñeiro debidamente enrolado e a bordo. O peso mínimo de captura do polbo segue a ser de 1 quilo. Igualmente, o horario no que os pescadores poderán capturar polbo quedou marcado entre as 06:00 horas e as 18:00 de luns a venres.

Nota de prensa de MarImage

MAR ABRE A VEDA DO POLBO O 6 DE XULLO E MANTÉN EN 40 QUILOS OS TOPES DIARIOS DE CAPTURA

  • O tamaño mínimo de captura segue a ser de 1 quilo.
  • Os pescadores poderán capturar esta especie entre as 6:00 e as 18:00 horas.
  • Os gardacostas comisaron 158 quilos e 618 nasas e cacharros no período de veda.

Santiago, 25 de xuño de 2009.- A Consellería do Mar mantén os mesmos topes de captura do polbo que as da anterior tempada. Así, dende o vindeiro 6 de xullo, día que se abre a veda, ata o 31 de agosto, o tope máximo será de 40 quilos por embarcación e día, e 40 mais por cada tripulante debidamente enrolado e a bordo. Mentres, entre o 1 de setembro e o 31 de decembro, o tope máximo da captura será semanal, establecéndose 200 quilos por embarcación e 200 quilos mais por mariñeiro debidamente enrolado e a bordo. O peso mínimo de captura do polbo segue a ser de 1 quilo.

Igualmente, o horario no que os pescadores poderán capturar polbo quedou marcado entre as 06:00 horas e as 18:00 de luns a venres, entendéndose este horario dende o primeiro calamento ata a finalización da última nasa virada. Só nos plans zonais da Costa Cantábrica e a Noroeste estará permitido deixar as nasas caladas no fin de semana. na zona das Rías baixas os aparellos deberán regresar a terra todos os días.

Esta medida enmárcase no Plan Zonal Experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) no marco do plan de recuperación, acordada nunha reunión co propio sector. Ó encontro asistiron o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, os presidentes das Federacións Provinciais das Confrarías de Lugo, Pontevedra e A Coruña, o presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González; os presidentes de “Cíes artesanais”, “Mar do Morrazo”, ARCOPEBA e dous representantes de ASOAR-ARMEGA.

O plan estará vixente ata o 31 de decembro de 2009, e recolle tanto as medidas de xestión da pesca como as específicas de control e seguimento, para comprobar a súa adecuada execución.

Inspeccións no período de veda

Dende que comezou o período de veda do polbo, o pasado 8 de maio e ata o día 23 de xuño, o Servicio de Gardacostas da Xunta de Galicia realizou 575 inspeccións, das que 18 son presuntas infraccións. O axentes comisaron 158,40 quilos e incautaron 618 aparellos ilegais, entre nasas e cacharros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com