|
Rafael Lema presenta as súas Crónicas Corsarias |
Correo-e
|
|
viernes, 26 de junio do 2009 |
|

Este sábado 27 de xuño, ás 20:00h da tarde, preséntase a última novela de Rafael Lema, Crónicas Corsarias, na Feira do Libro de Santa Comba que se celebra do 25 ao 28. A novela narra as aventuras do corsario Ambrosio Álvarez Pardiñas, o pirata de Camariñas. No acto tamén estará presente a poeta de Ponte do Porto Alicia Baña, que dará un recital poético e encargarase de presentar a novela. Crónicas Corsarias está editada en Edelvives e neste caso lévanos a unha misión sobre o tesouro dun barco comercial da Compañía de Indias que debe interceptar á altura de cabo Fisterra un corsario de Camariñas, un personaxe real da época napoleónica, Ambrosio Álvarez Pardiñas, e é a segunda parte de Capitán Rabuña, que tivo tres edicións. Foi presentada en abril en Betanzos, dentro da Festa das Letras e en xullo será mostrada na librería Ler de Ponte do Porto. Rafael Lema formou parte do Comité de sabios polo Concello de Camariñas na Elección Historica da Costa da Morte, na que aínda se pode votar polo persoeiro máis importante da nosa historia. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa de Rafael Lema.
|