Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Fin de semana completa con música, regueifas, teatro e lumeradas  Correo-e
viernes, 26 de junio do 2009

Festival ConVdeValares

Image

Unha cita da música alternativa na Costa da Morte, que non hai moitas. Este sábado 27 de xuño, a praia de Valarés (xa o deixamos con v a gusto da organización) encherase de xuventude para recibri a La Pegatina, Los Albertos, The Turre´s Band, e mais aos Sakarallaos. Verdadeiramente trátase dun festival de categoría e moi boa música.

  • "Para mariñeiros nós" promociona o Festival ConVdeValarés.
  • Valarés é con V dende a Idade Media.
  • I Festa d´Arxa

    A Iª Fest’Arxa celebrarase o vindeiro sábado 27 de xuño e 2009 no prado do Muíño da Braña, próximo á igrexa parroquial de San Cristovo. Na Iª Fest’Arxa combinarase gastronomía, regueifa, música e mesmo se realizará o sorteo dun TDT para que o afortunado co premio non sufra as causas do futuro apagón analóxico. Logo da comida chega o folk, coon Fol de Veneno que está integrado por compoñentes da comarca de Bergantiños.

    A continuación celebrarase a primeira regueifa do século XXI en Cerqueda, nesta ocasión coa presenza dos dous regueifeiros máis novos de Bergantiños: Suso e Antonio de Xornes. e Pechará as actuacións musicais o grupo Trastes de Cances cunha sesión de música bailable.

    O San Xoan segue en Fisterra


    Image

    Se a noite do martes foi máxica para a Costa da Morte en centos de lugares onde o lume e as sardiñas foron os protagonistas, a festa do San Xoán continúa en Fisterra.

Esta fin de semana será Fisterra a que celebre o seu San Xoan. Será na Festa da Xuventude, na praia Langosteira. O venres 26 de xuño, maxia co Mago Antón, e o sábado, os Kilomberos de Monte Alto, grandes dinamizadores do San Xoan coruñés, e a discoteca móbil dando caña durante toda a noite.Image

    Festas en Gures

    As Grandes Festas na Honra á Virxe das Dolores comeza hoxe venres en Gures. A partir das 20:00h gran Sardiñada amenizada polo Dúo Época. Xa o sábado, a partir das 22:00h, DJ Dica w Sesion, nº1 das discotecas galegas. O para o domingo toca a Trebol.

    San Pedro Sábado

    Image

    As festas propiamente dditas do San Pedro en Corcubión son o luns e o martes. Pero a mocidade corcubionesa organiza cada ano unha festa no capo de San Roque, que supón o San Pedro dos emigrados, de toda esa mocidade que vive fóra e non pode disfrutar da festa tradicional.

    O tipo de festa, o de sempre, dende ben cedo pola mañá, a comida e o alpiste correrán polo campo da festa.Image

    Xa o luns, chega a Cibeles e o Grupo Ciclón. E o martes sesión cañera coa América S.L.

    Muxía presenta u vídeo sobre as Avoas de Muxía

    Este sábado 28 de xuño de 2209, o concello de Muxía presenta un novo vídeo que leva por titulo "Avoas de Muxía". A proxección será o sábado ás 12:00 da mañá no Salón do Voluntariado, nun intento para recuperar a Historia de vida e Memoria do Concello muxián.

    Continúan no Pindo as Xornadas de Pesca

    Hoxe os cativos teñen un curso de nós mariñeiros, e pola tarde, ás 17:00 terá lugar a presentación oficial das Xornadas por parte de Mª Mercedes Díaz Mayán, Secretara da Confraría.

    Ás 17:30h toca charla sobre as nosas profesións, onde falarán María Filomena Casais, da Agrupacion de Percebeiras, Francisco Caamaño, da Cooperativa do Longueirón de Fisterra; Ramón Mariño, Presidente de Artes Menores da Confraría do Pindo; Angel Millé, Secretaria da Federación Galega de Redeiras; e Manuel emiliano Costa Formoso, socio colaborador da confraría.

    Ás 19:30 Purificación Alonso presentará o Proxecto Pindo Mariño, e ás 20:00, Bieito Romero, de Luar na Lubre, actuará para o noso deleite. E ao longo da fin de seman máis...

    Festival do Centro Social de CeeImage

    Sábado 27 e domingo 28 de xuño serán de demostracións en Cee. O salón de Actos do concello encherase cada día ás 21:00h para ver ás Pandereteiras e ao coro do Centro Social, e mais aos grupos de teatro que dirixe Toño Casais. Comezará o grupo de Brens, que fará "O Bingo de Mañá". Tamén estará o grupo do Centro Social, que dirixe Artur Trillo, con "Fin de mes".

    Festival de Fin de Curso en Baio

    Image

    A A.M.C. Pepe Valiña de Baio prepara o Festival de Fin de Curso das escolas de Teatro e Música. O acto celebrarase o venres ás 21:00h no Auditorio de Baio, onde preto de 50 alumnos demostrarás a súa aprendizaxe.

    Clausura das escolas de música e teatro de Cabana

    Cabana de Bergantiños clausura as súas escolas municipais de música e teatro. Case un par de centos de músicos e actores encherán de creatividade o escenario do Auditorio de Cabana.

    A quenda para os aprendices de músicos cabaneses terá lugar o venres 26 a partir das 20.00 horas. A quenda para actores e actrices programouse para o sábado 27 á mesma hora.

    Presentación das Crónicas Corsarias de Rafa Lema

    Este sábado 27 de xuño, ás 20:00h da tarde, preséntase a última novela de Rafael Lema, Crónicas Corsarias, na Feira do Libro de Santa Comba que se celebra do 25 ao 28.

    Presentación en Fisterra da revista ADRA


    Image

    Este sábado 27 de xuño á 13,30h, no Castelo de San Carlos, terá lugar a presentación da revista ADRA, revista que fan os socios e socias do Museo do Pobo Galego. Un dos artigos da publicación fala sobre a musealización do Castelo de San Carlos de Fisterra, feito por un dos guías do mesmo.

    Saída á XXXI Xuntanza de maiores do Carballiño

    O Concello de Ponteceso e a Consellaría de Traballo e Benestar organizan unha saía á XXXI Xuntanza de Maiores que se celebrará o vindeiro 27 de xuño no concello ourensá de O Carballiño.

    Festas na Ponte do Porto

    A Orquesta Os Satelites tocará o sábado na Ponte.

    Fonte

    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com