|

A Xunta de Galicia e Pescanova voltan co proxecto da macropiscifactoría do Cabo Touriñán. Se os alcaldes da Costa están encantados coa chegada dunha nova industria, moitos sectores da bisbarra manifestan a súa repulsa. Ata os propios partidos políticos vense divididos ante o proxecto. O PSdG comarcal, con Marisol Soneira á cabeza, critica a granxa, e non entende que se faga esta granxa e non a de Camelle, por exemplo; mentres que o propio alcalde muxián, Félix Porto, tamén do PSOE, agarda a chegada desta nova industria como auga de maio, para dar un impulso á economía do concello. O gremio ecoloxista A asociación ecoloxista ADEGA dá un paso máis e lamenta que os representantes da Costa "vendan o seu patrimonio natural". ADEGA extrapola a denuncia ao proxecto da granxa a outros que afectarán á Rede Natura en primeira liña de praia, como son o Parador, a liña de alta tensión (LAT) Muxía-Vimianzo ou os parques eólicos. Neste senso, Adega pide especificamente que se anule nulo o Estudio de Impacto Ambiental realizado para a instalación da línea de alta tensión, que un dos seus obxectivos sería a de facer chegar a rede eléctrica á nova granxa. O grupo PX da Ponte do Porto tamén ten mostrado o seu total rexeitamente á liña de alta tensión. As plataformas contra o anterior plan acuícola aínda non moveron ficha, se ben as de Camelle, a de Quilmas e a de Seiruga xa teñen manifestado estar en contra do proxecto. O sector turístico O sector turístico tamén lamenta a chegada deste proxecto, nun dos puntos emblemáticos da Costa, ao igual que sucede co Cabo Vilán, unha das imaxes máis singulares da bisbarra, completamente desvirtuada pola piscifactoría e polo parque eólico do Cabo Villano. Falaba Manuel Pan, presidente da asociación Asociación de Promotores do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), na Radio Nordés, e deixaba caer que se as administracións puxeran tantos cartos para o sector turístico como para a construción da macropiscifactoría, de seguro que se crearía máis postos de traballo. Tamén falaba na Nordés outro empresario do sector turístico. Pepe Mira, xunto a Nacho Porto, habituais na tertulia do Patio da Nordés, mostraron o seu rexeitamento ao proxecto da granxa, e ata pensan que no canto de poñer unha nova granxa en Touriñán, o primeiro que habería que facer era quitar a do Vilán. Falaron na tertulia dos supostos, e ata falaces, "300 postos de traballo". Nacho Porto reafirma as palabras de Pan e afirma que se formarían moitos máis empregos e continuaríamos na liña de referente do turismo natural no mundo enteiro. Ata o mesmo Fran Hermida, dende o seu blog sen xeito mestura a problemática entre a lingua e a acuicultura. Vídeo de Francisco Santiago López Novas relacionadas Fonte
|