doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O ceense Otero Lastres presenta a súa primeira novela entre personalidades  Correo-e
sábado, 27 de junio do 2009

Image

O escritor ceense José Manuel Otero Lastres (a esquerda de todo na imaxe) vén de presentar a súa primeira novela "La niña de gris ". A presentación tivo lugar o pasado, xoves 25 de xuño, e ao acto acodirán numerosas personalidades, como o embaixador de España na Santa Sede, Francisco Vázquez; o Presidente da Xuntad e Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ou Florentino Pérez, o presidente do Real Madrid, todo un elenco de excepción. Ademais estiveron os responsables da publicación do libro, da editorial Ediciones Martínez Roca.

Otero Lastres estudou Dereito en Santiago e a docencia que alí iniciou levoulle a ser catedrático e decano na Facultade de Dereito de León ata 1986, e desde entón ata hoxe é catedrático na Facultade de Dereito da Universidade de Alcalá de Henares.p Publicou "Carta a Miguel e outros contos", "Pontes de palabras" e "As nubes poden ser xemelgas", xunto a numerosos libros da súa especialidade, o Dereito Mercantil, e artigos en publicacións especializadas e en La Voz de Galicia.

Sinopse do libro "La niña de gris"

Un director de banco, José Varela, a piques de xubilarse, descobre por casualidade unha necrolóxica nun xornal que chama a súa atención. Na necrolóxica un lugartenente recorda ao seu querido alférez que morreu na Guerra Civil. Non ten firmas nin referencias. Intrigado e nunha situación ociosa, José decide investigar o porqué desa necrolóxica. Esta investigación levaralle a coñecer a ese axudante de campo e entrará na historia misteriosa de Miguel, o famoso alférez que ha dejdo un diario escrito da contenda.

Durante a investigación, penetrarémonos na outra memoria histórica da guerra a través dos fragmentos do diario de Miguel, que son reais, e interesarémonos pola parte humana. Unha novela construída como un crebacabezas. É a historia dunha amizade, dun amor oculto, dunha filla que non coñeceu ao seu pai e de como ás veces o destino vai trenzando camiños sorprendentes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Adrián Leira.
  • /ul>
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com