|
domingo, 28 de junio do 2009 |
|

Paso de xigante do Soneira na ida da final da Copa da Costa 2009. Un gol de Víctor García (na imaxe das semifinais) pon en vantaxe aos vimianceses, logo dun encontro bastante aburrido, pero cun ambiente verdadeiro de copa. A organización, como cabía esperar, impecable. José Manuel Mato, presidente do Ponteceso, engalanou O Pinguel, e coidou de cada detalle. Os medios, as persoanlidades e cada un dos case milleiro de espectadores quedaron encantados coa organización. Numerosos medios acodiron ao acto, entre os que estaban QPC e radiONeria e Radio Roncudo, dende onde se poden escoitar especiais da Final da Copa da Costa, o luns e o martes ás 11:00h, no 107.8FM no sur da bisbarra, e no 106.1 nas terras de Bergantiños. Mañá coñeceremos máis de preto o devir do partido. | IDA | FINAL | VOLTA | | 0-1 | Ponteceso - Soneira | -- | Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|