Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Xunta ordena retomar a redacción do estudio da VAC no tramo Berdoias-Cee  Correo-e
lunes, 29 de junio do 2009

Image

Mentres a variante da Cee-Sardiñeiro avanza considerablemente, o tramo entre Berdoias e Cee leva un ano e medio paralizada pero se retomará de contado tralo anuncio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O conselleiro Agustín Hernández vén de ordenar a finalización da redacción do estudo informativo e impacto ambiental da vía de alta capacidade Berdoias-Cee. O estudio debe estar rematado antes de que finalice o 2009, para sometelo a información pública. O obxectivo da Xunta é que antes de que remate o primeiro semestre de 2010 a VAC Berdoias-Cee dispoña de declaración de impacto ambiental e de estudo informativo aprobado.

Ademais, a decisión do responsable de infraestruturas da Xunta de Galicia introduce no estudo informativo a variante de Berdoias, que o Goberno anterior non tiña incluída. O conselleiro, no seu afán de coidar ao sector empresarial, envía unha carta aos empresarios da comarca, que se pode ler íntegra máis abaixo.

A loita pola peaxe continúa na rede

Entrementres, a loita por liberar da peaxe da autopista Coruña-Carballo continúa na rede. A través do Grupo creado en Facebook Plataforma para liberar a peaxe Autopista A Coruña-Carballo, centos de veciños piden a anulación da peaxe. Xa son 2.756 membros os membros do grupo.

Este mapa mostra a complexidade do trazado, cunhas curvas máis propias dun circuito de formula 1 que dunha autopista.

Image 

Datos técnicos da VAC

Berdoias-Cee

A lonxitude do treito Berdoias-Cee ten unha lonxitude de 10,5 quilómetros e suporá un investimento de 34 millóns de euros. A actuación contémplase como unha vía de alta capacidade con velocidade de proxecto de 100 quilómetros/hora.

Esta nova vía da continuidade a autovía Carballo – Berdoias, actualmente pendente de inicio de obras, e finaliza en Cee no comezo da VAC Cee – Sardiñeiro, actualmente en execución.

Variante de Berdoias

Esta actuación vai a ser complementada coa variante de Berdoias, que supón introducir na planificación da Xunta a nova VAC Santiago– Costa da Morte, mediante a definición do punto de conexión desta futura vía coa VAC Carballo-Fisterra.

A variante de Berdoias terá unha lonxitude de 6 quilómetros e un custe total planificado de 14 millóns de euros. Ao igual que o treito Berdoias-Cee, se concibe como vía de alta capacidade con velocidade de proxecto de 100 quilómetros/hora.

Carta aos empresarios da Costa da Morte

Por outra banda, o conselleiro de Medio Ambiente remitiu esta semana cartas ao presidente da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, Manuel Mourelle, e ao presidente da Asociación Xóvenes Empresarios de Bergantiños, José Figueras, para expresarlles que “o Goberno de Galicia está plenamente persuadido de que a vía de altas prestacións entre Carballo e Fisterra constitúe o elemento imprescindible para garantir o futuro e a competitividade dunha das comarcas que necesita un impulso mais claro no referente ás infraestruturas”.

Agustín Hernández lembra que no 2005 o Goberno saínte da Xunta de Galicia deixou o expediente correspondente ao corredor Carballo-Baio (1ª fase dunha autovía) unicamente pendente da aprobación do gasto e da súa posterior licitación, incluíndo a súa prolongación como vía de alta capacidade ata Berdoias. Nese ano, o novo Goberno da Xunta decidiu reformar o deseño “cun afán revisionista que o paso do tempo demostrou que foi un tremendo erro”.

Esta decisión orixinou que a licitación do vial se demorara ata o 2007, “todo isto a pesares de que non foi necesaria a tramitación dun novo expediente de impacto ambiental,o que acredita que as modificacións plantexadas en 2005 non tiñan un carácter substancial”. O proceso de adxudicación realizouse nos primeiros meses de 2008, en plena crise económica. A empresa adxudicataria informou á Xunta entón gobernada polo bipartito que non podía iniciar a execución da autovía por problemas financeiros, a pesares do que o Goberno decidiu colocar a primeira pedra desta actuación.

Agustín Hernández manifesta aos empresarios “a vontade inequívoca da actual administración” de impulsar, executar e poñer en servizo a nova autovía no prazo mais breve posible, instando ao adxudicatario a comezar os traballos sen maior dilación. No caso de que o adxudicatario persista na súa negativa, “articularemos as medidas administrativas e legais para resolver o contrato e, no prazo mais breve posible, posibilitar o inicio efectivo das obras”.

O conselleiro remata a misiva afirmando que “para a miña consellería, e tamén para o actual Goberno da Xunta, é un obxectivo irrenunciable a inmediata construción da VAC Carballo-Fisterra no prazo mais breve posible”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com