|

A semana pasada o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, decomisaba en Fisterra 67 quilos de ameixa rubia e 61 quilos de vieira, por exceso de cupo dunha embarcación fisterrá o Estrella del Mar 2. Hoxe, a Consellería do Mar fai pública a nova de que as vieiras tiñan un nivel de toxicidade 15 veces superior ao permitido. Rosa Quintana, Conselleira de Mar, destacou o bo facer do departamento na loito contra o furtivismo, engandido agora a loita contra o crimes contra a saúde pública. Lembra que a toxina amnésica pode producir síntomas gastroinstestinais, perda de memoria, coma e incluso a morte. "Se non acabamos co furtivismo, perdemos todos”, sentencia Quintana. Continúa así a loita aberta da Consellería contra o furtivismo, unha difícil batalla nun "país de piratas". Este caso demostra que o furtivismo está presente tamén dentro do sector, e que moitas veces son os propios legais os que máis accións ilegais realizan. Nota de prensa da Consellería do Mar OS 61 QUILOS DE VIEIRA INCAUTADOS TIÑAN UNS NIVEIS DE TOXICIDADE 15 VECES SUPERIORES AO PERMITIDO - A conselleira do Mar salientou a importancia da loita contra o furtivismo porque ‘supón un risco para a saúde e para o recoñecemento dos nosos profesionais e os nosos produtos. Se non acabamos con estas prácticas, perdemos todos”.
- A toxina amnésica pode producir síntomas gastroinstestinais, perda de memoria, coma e incluso a morte.
Santiago, 27 de xuño de 2009.- Os 61 quilos (429 unidades) de vieira incautados o pasado xoves por axentes do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, en Corcubión, tiñan uns índices de toxicidade 15 veces superior ao legalmente permitido. As análises do Instituto Tecnolóxigico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) revelaron que os moluscos decomisados tiñan unha concentración de 296 miligramos de ácido domoico (toxina amnésica), cando o aceptable é que non supere os 20 miligramos. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, que asistiu hoxe á Xunta Xeral Anual da Federación Galega de Confrarías de Mariñeiros, salientou a importancia do plan de loita contra o furtivismo, e mostrouse contundente ao afirmar que “temos que acabar con estas prácticas, porque ademais de supoñer un risco para a saúde pública, xogámonos o prestixio e o recoñecemento dos nosos profesionais do mar e dos nosos produtos. Se non acabamos co furtivismo, perdemos todos”. Rosa Quintana aproveitou a ocasión para agradecer a participación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no Plan de Loita contra o Furtivismo activado recentemente pola Consellería do Mar, e animou aos patróns maiores para que co esforzo de todos se acabe con estas prácticas ilegais. A intoxicación pola toxina amnésica pode provocar danos irreversibles. As consecuencias poden ir desde síntomas gastrointestinais, en casos leves, ata a somnolencia e a perda de memoria en situacións severas, e a coma e ata a morte en casos moi severos. Novas relacionadas Fonte
|