Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
E non abriu a Caixa Galicia de Lira  Correo-e
lunes, 29 de junio do 2009

Image

Como era de esperar, a última palabra da Caixa Galicia é "peche". Esta mañá de luns 28 de xuño de 2009, a sucursal da Caixa Galicia de Lira amencía pechada, para o lamento dos veciños de Lira e Lariño, que a partir de agora terán que desprazarse, como poidan, ata Carnota para facer as súas tramitacións bancarias ou para cobrar a pensión.

A porta pechada demostra o interés da Caixa Galicia pola situación demográfica do país. Ante a falta de produtividade económica (o cobro das pensións de seguro que non son as transaccións máis rendibles) provoca que a Caixe peche a segunda sucursal no concello carnotán nos últimos 6 meses, logo da do Pindo. "Beneficio cero, obra social cero", así definía Antonio Xoubanova, voceiro da plataforma veciñal, a política da entidade.

Baixa común

A loita non para, e moitos veciños solicitan unha e derradeira actuación en contra da Caixa, como o único castigo que os veciños poden causar á entidade, que se define sen ánmo de lucro. Así, dende o Grupo de Facebook de protesta polo cese de actividade da oficina de Caixa Galicia de Lira solicitan dar de baixa (sempre especificando como motivo da baixa o peche da sucursal de Lira) tódalas contas que os veciños da zona teñen na Caixa Galicia. Mesmo aportan información dun listado das entidades bancarias de Carnota e Muros para facilitar o proceso.

Apoia esta retirada veciñal dos fondos da entidade o BNG de Carnota, e agardan debatir no pleno a situación. ao tempo que pide unióntotal das 3 forzas políticas para buscar unha solución á veciñanza. Cabe lembrar que o inexistente servizo de transporte intracomarcal fai imposibles os desprazamentos dos veciños ás vilas veciñas para unha simple transacción ou o cobro da pensión.

Con todo, e malia que a Caixa Galicia peche, non foron en van os esforzos dos veciños, que volven demostrar que a Costa da Morte está moi viva.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Grupo de Facebook de protesta polo cese de actividade da oficina de Caixa Galicia de Lira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com