|
O primeiro asalto ás festas do San Pedro de Corcubión xa tivo lugar no campo e San Roque o pasado sábado. I é que a mocidade corcubionesa, a mocidade que pasa a semana na diáspora e que volve unha fin de semana tras outra, non quere perder unha das festas máis importantes da vila. Así, cada ano montan o SPS, ou San Pedro Sábado, que convirte o Campo de San Roque nunha verdadeira festa. Ata o blues tomou o campo, e ante a falta de orquestra, os veciños colleron as guitarras, as gaitas e a trompeta, e a disfrutar. Non perdan o vídeo que cazou Iago Coronilla. Luns e martes de festa Hoxe, luns 29 de xuño de 2009, é San Pedro. A comisión de festas, no canto de aproveitar o domingo para unha boa verbena e así aproveitar tamén o festivo na vila de San Marcos, decidíu poñer a festa o luns e o martes. Así, hoxe, teremos á orquestra Cibeles e ao Grupo Ciclón, que vimos hai dúas semanas en Toba, e que repetirá este verán pola Costa de seguro, tras demostrar que montan unha boa festa. Para o martes toca nada menos que verbena coa America SL, que xa pasara polas Mercedes de Corcubión deixando un sabor tremendo, coa súa combinación entre pasodobles e míticos do rock dos anos 90. Así, que ao longo destes días de seguro que soa a Xota de Corcubión, da que hai uns anos escribira a letra o bon de Jano Lamas. Xota de Corcubion Por xuño, o vintenove, a San Pedro fun xantar, preparei unha empanada e sardiñas para asar, café ben "repenicado", ¡Non parei de troulear! Estribillo: Si queres curar feridas que levas no corazón, vente a bailar esta xota, a xota de Corcubión. Menea ben a cadeira, e ponlle moita paixón, para ben bailar a xota, A xota de Corcubión. Din que un ollomol había mesmo no medio da ría, se te chiscaba un ollo d'amores te curaría. A min facíame falta Que mo chiscara algún día. Estribillo Revira que te revira e vólvete a revirar, os encaixes do refaixo quérote volver a ollar. Se me mostras as enaguas de ti voume namorar. Estribillo Busquei polo Río Seco busquei e non trouxen nada, as herbas de namorar pra darllas a miña amada, busquei polo Río Seco encontreinas na Granada. Estribillo - Letra de Alejandro Lamas.
Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Facebook: Vídeo do SPS.
|