Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
As rapazas do Fisober rematan a tempada de convivencia polas Rías Altas  Correo-e
lunes, 29 de junio do 2009

Image

Despediron a tempada as xogadoras do Fisober esta pasada fin de semana en Ribadeo. As representantes da Costa da Morte xogaron tres partidos cun no Torneo de Ribadeo, cun balance final de dúas derrotas e unha vitoria. Con todo, a fin se semana servíu para que as mozas disfrutaran dunha sesión de conviencia e disfrute, amenizada con noites agradables e viaxes turísticas, como a da Praia das Catedrais.

Fisober - Universidade de Granada (0-1)

Perdian pola mínima as nosas rapazas contra as granadinas, que militan na División de Prata do fútbol sala nacional. Así e todo, o único gol das granadinas, coas que vemos as de Fran Toba na foto, chegaba a falta de 2 minutos para o remate do partido e cando as andaluzas xogaban con unha xogadora menos por exclusión durante dous minutos.

Image 

Fisober - Lucense FSF (4-1)

Menos problemas dos previstos pasaron as nosas xogadoras para derrotar as luguesas, dous goles de Patri, un de Barca e un de Alba.

Fisober - Torrelavega (0-2)

Inxusta derrota contra as cántabras que privou as nosas de xogar as semifinais. O Fisober dominou todo o partido con infinidade de ocasións. A falta de puntería e o cansancio nos derradeiros minutos impediu que as nosas conseguisen a vitoria.

Vindeira cita

O vindeiro 11 de xullo despidiran oficilamente a tempada na praia de Xaviña (Camariñas) cunha churrascada e un partido de fútbol praia entre as xogadoras e os pais. O ano pasado a vitoria caeu do lado dos rapazas ainda que con moita polémica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober da mande Fran Toba.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com