|
O PSdG de Ponteceso compara a capital cunha vila do Far West |
Correo-e
|
|
lunes, 29 de junio do 2009 |
|

A semana pasada anunciabamos as axudas que aporta a Deputación para a mellora dos entornos urbanos e a promoción das áreas comerciais, que este ano só cubren ao concello de Zas entre os concellos da Costa. A primeira reacción chega dende Ponteceso, dende onde a Agrupación socialista non entende por que o concello pontecesán quedou fóra das subvencións. Para o PSOE, esta era unha moi boa oportunidade de dinamizar o comercio pontecesán, e renovar o estado de varias rúas da capital municipal. Chega a comparar as rúas pontecesán cunha vila do Far West americano. O PSOE pon exemplos, como os camións de reparto que atascan a rúa Eduardo Pondal; os aparcadoiros interiores do centro que están sen asfaltar, as estreitas beirarrúas da Eduardo Pondal cheas de pozas de auga; as rúas previstas no Plan Xeral sen executar; e ata un pantano no centro de Ponteceso, "unha verdadeira vergoña para os nosos visitantes", para a oposición. O Psdeg-Psoe ten prantexado unhas actuacións prioritarias para o devir de Ponteceso: un Proxecto de Cidade. Novas relacionadas Fonte
|