|

Nova ofensiva do PP para convencer á cidadanía da oportunidade que supón a chegada da Pescanova coa construción da piscifactoría do Cabo Touriñán. O PP ataca agora á deputada socialista Marisol Soneira, quen defendeu no Parlamento Galego a sú aposición en contra da macropiscifactoría, que o propio PSdG anulara . É a deputada do Grupo Popular Marisol Piñeiro, a que critica á Soneira por ser, segundo ela, "a única na Costa da Morte que está en contra da planta". Para Piñeiro, os cidadáns da comarca “non poden verse representados por alguén que, en contra do criterio maioritario, avoga por perder unha clara oportunidade para a zona” . Piñeiro lembra que os alcaldes de Muxía, Camariñas, Vimianzo e Corcubión, “todos eles do partido socialista”, pronunciáronse hai poucos días a favor de recuperar o proxecto da planta de Cabo Touriñán. A deputada considera o Cabo Touriñán unha "zona deprimida”, unha opinión que divide á Costa, en tanto que unha boa parte da bisbarra considera a zona como un dos tesouros mellores gardados da bisbarra. E agarda que a Costa non cometa o mesmo erro que co Cabo Vilán, toda unha vergonza para cada visitante que percorre unha das zonas máis representativas da Costa da Morte. Vídeo de Francisco Santiago López Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do PP comarcal.
|