|

Primeiro asalto e o Soneira golpea primeiro. Os vimianceses levan unha pequena renda para a volta desta Final da Copa da Costa 2009, logo do solitario gol de Víctor García. Máis de 1.000 persoas presenciaron o encontro. Nunha organización digna da 1ª División, a directiva do Ponteceso recibiu aos numerosos medios de comunicación que acoderon a retransmitir o encontro, entre os que estaban a Radio Nordés, a radiONeira, a Radio Roncudo, o Depor Sport, ademais, de por suposto, o equipo de Deportes de QPC, que a semana que vén acodirá ao Municipal de Vimianzo coa cámara de El Sur se mueve. Ponteceso - Soneira (0-1) - Ponteceso: Pombo, Cano, Dani Pallas, Adrián, Carlos Mato (Toniño, min.46), Mendieta (Tucho, min.55), Nando, Migueliño, Rubén, Miguel Torrado (Salva, min.78) e Carliños (Neucha, min.70).
- Soneira: Fran, Ferreiro, Fran de Urroa (Taibo, min.60), Víctor Vecino, Pablo, Javi, Pastoriza (Jemisa, min.91), Míchel, Víctor García (Darío, min.70), Vituco e Kike (Jorgito, min.90).
- Gol: 0-2, min.35: Víctor García aproveita unha indecisión entre Carlos Mato e Pombo.
- Expulsión: Barca, porteiro suplente pontecesán por saltar ao campo a socorrer ao seu compañeiro Toniño cando se lesionou no ombreiro.
- Lesións: Os pontecesáns sufriron dúas lesións: Torrado tivo problemas no xeonllo, que apesares de saír en padiola do campo non semella que se perda o partido de volta e a Toniño saíuselle o ombreiro, este si que se perderá o choque de volta, pois ten tocados os ligamentos do ombro.

Agardábase un partido moi igualado. Dous conxuntos ben armados, sen fisuras, entre os que tan só unha xenialidade ou unha xogada a balón parado poderían romper a igualdade. Co que non se contaba, era que un erro fose clave para o devir da eliminatoria. Non foi o mellor encontro da tempada, feito agardado dadas as características de ambos equipos. O encontro comezaba bronco, soso e sen moito interese. O ritmo estaba nas bancadas, cun campo ateigado, banda de música... todo un ambientazo de Copa. A primeira parte tivo cor azul. O Soneira controlaba o xogo. O Ponteceso puxo a tela de araña na liña defensiva, e buscaba, con balóns directos, os controis de Torrado, e os golpeos de Rubén, que segue a loitar co Míchel polo Pichichi da Copa. Pola súa parte o Soneira, ben plantado tamén, intentaba combinar, pero resultaba farto complicado ante a seriedade local. Poucas ocasións en toda a primeira metade, sendo a máis clara a que servíu para romper a igualdade. Un balón longo que Carlos Mato deixa para a saída de Pombo mentres este agarda a cesión do capitán. A indecisión entre ambos é aproveitada por Víctor García para meter a caña e poñer aos vimianceses por diante. A segunda metade complicouse para o árbitro, e tirou de tarxetas para intentar manter a calma. E por se tiña poucos problemas o equipo de Bardanca, as lesións mermaron aínda máis o potencial do Ponteceso. Os últimos minutos tiveron algunha oportunidade máis. Neucha e Rubén tiveron cadansúa ocasión de gol a balón parado. Neucha rematou de cabeza frouxo e Fran detivo sen problemas, antes Rubén lanzou unha falta que tras superar ben a barreira foise lixeiramente fóra, o especialista non estivo acertado desta vez. Polo Soneira, Míchel, Kike e un rápido Darío, tiveron a súas oportunidades a contra, pero non estiveron finos na definición. A loita na volta está servida. O Soneira partirá coa vantaxe dun gol en campo contrario, pero unha vitoria pola mínima daríalle o campionato ao Ponteceso, por segundo ano consecutivo. Pola súa parte o Soneira podería gañar un título que se lle resiste dende hai 46 anos. Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- As dúas primeiras fotografías son do Depor Sport.
- A terceira é de Marcos Rodríguez.
|