|

Pecharon as IV Xornadas de Pesca que organizou a Confraría de Pescadores do Pindo as IV Xornadas de Pesca, baixo o lema “A Vida en torno ao mar”. Unha semana de actividades para todas as idades, que serviu para devover o protagonismo ao mar, un protagonismo que nunca debeu deixar de formar parte das nosas vidas. Reseñamos sobre todo, o traballo cos máis pequenos, que nos días que corren, toman moitas veces o mar como algo alleo, e nunca como o seu futuro, como facían os nosos pais. Actividades para nenos Ao longo da semana pasada desenvolvéronse actividades pensadas para os máis pequenos: obradoiro de nós mariños, pesca a pé, roteiro do Fornelo, curso de vela en Corcubión con Cataventos Escola de Vela (vemos na imaxe), que tiveron un 100% de acollida polos máis novos. Sesión para maiores Posteriormente, os tres días da fin de semana, as ponencias e os debates tomaron a confraría. Todas serviron para por en valor a cantidade de patrimonio, tanto físico e natural, como histórico, que se desenvolve en torno ao mar na Costa da Morte. Nas charlas houbo unha media de participación dunhas 50 persoas. Foi a Secretaria da confraría, a que fixo unha primeira presentación das xornadas, que logo inaugurou a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. A Secretaria da confraría fixo fincapé no traballo que se está levando a cabo dende a confraría para a recuperación da tradición e cultura mariñeira e do patrimonio pesqueiro, dende os distintos proxectos nos que participa a entidade, como son “Pindo Mariño: Recuperación e tradición da cultura mariñeira”, “Fishernet”, entre outros. Primeira xornada Comenzou a xornada cunha mesa de traballo sobre: “As nosas profesións”, moderada por unha bióloga falouse da extracción da mexilla, por parte da presidenta dos/as percebeiros/as. Por parte da Cooperativa de Longueirón de Fisterra tamén se tratou o tema dos recursos específicos, como son o longueirón ou o ourizo. A Secretaria da Federación Galega de Redeiras explicounos a súa labor como redeira e o traballo que lles costou seren recoñecidas. Un armador da confraría e un vendedor da localidade tamén nos comentaron os seus oficios. Despois dun pequeno descanso, o biólogo de CEMMA, falounos do seu proxecto “Divulgando a pé de mar”, que en colaboración coa Consellería do Mar están realizando. Para rematar as charlas deste día, Purficación Alfonso, Presidenta de Ardora, centrouse no proxecto “Pindo Mariño: recuperación da tradición e cultura mariñeira”, que se está a levar a cabo na confraría do Pindo. A xornada da tarde rematou coa actuación de Bieito Romero, do grupo “Luar na Lubre”, que acompañado de tres dos seus músicos, nos deleitaron coas súas interpretacións. Sábado con degustación, proxeccións, charlas e música O peche das IV Xornadas tivo lugar na lonxa coa degustación de productos típicos do lugar cociñados de diferentes xeitos por diferentes persoas, socios/as e non socios/as, como por ejemplo: empanadas de berberchos, mexillóns, longueiróns cedidos pola Cooperativa de longueirón de Fisterra, sardiñas con xamón ou pulpo; caramuxas; lamparóns; paella; mexillóns en vinagreta, ó vapor, en escabeche ou rebozados; pastel de rodaballo, rodaballo a cazola, entre outros pratos esquisitos.  Ademáis, este ano conseguiron productos de nova implantación como son as algas, que foron cedidas pola empresa Agrogalicia e coas que se fixeron fideos con algas e ameixas e tortillas de algas. O sábado pola mañá comenzou coa proxección do vídeo “Fé de Vida”, basado na vida do mariñeiro Enríque Martínez. Que dou paso a charla: “Tempo de Crebas” de Domingo Martínez Beiro. Tras un breve descanso, Dionisio Pereira (abaixo), pasou a expoñer a súa charla: “Os saberes dos pescadores, un coñecemento olvidado pola ciencia”. Nesta charla os asistentes fieron o roteiro do Fornelo a través das fotos. Francisco X. Fernández Naval deleitounos recitando algúns dos seus poemas das súas obras Mardelira e Miño, e unha inédita que compuxo para nós e nos regalou. Despois de xantar, pola tarde, proxectouse a película “A Mariñeira”. O seu remate fíxose un pequeno, debate sobre a veracidade do que na mesma se narra e sobre a situación dos fuxidos ao monte do Pindo naquela época. Para finalizar a xornada do sábado, no porto do Pindo tivo lugar unha sardiñada tradicional coa asistencia de grandes e pequenos do pobo; esta noite foi amenizada polo grupo de gaitas “Xeitura” de Esteiro. Os GAC á palestra O domingo pola mañá, comezou coa explicación dos Grupos de Acción Costeira, por parte de Tomás Fajardo, Presidente do Gac 4 seo de Fisterra Ría Muros-Noia. O seguinte ponente foi Valeriano Moldes, Xerente da empresa Agrogalicia, S.A., explicou as algas, como novo recurso. Despois do café Lino Lema (aquí enriba), Xefe do Servizo de Estudos Pesqueiros, centrouse na explicación do proxecto Fishernet, do cal a confraría do Pindo forma parte, xunto coas confrarías de Lira e Muros, así como as Consellerías do Mar e de Cultura, COGAMI, e outras entidades de países europeos, para a recuperación do patrimonio marítimo-pesqueiro. Máis tarde, Xilberto Caamaño, veciño do Pindo, falounos da toponimía da comarca e dos diferentes naufraxios que houbo na costa. Para rematar Xan da Centola, veciño de Caldebarcos, recitou algúns poemas de creación propia. Clausura Finalizando os actos e clausurando as xornadas estiveron o Vicepatrón Maior Primeiro da confraría do Pindo, Antonio Castro Rodríguez e o recentemente nomeado Vicepresidente da Federación Galega de confrarías de pescadores, José Manuel Martínez Escarís, Patrón Maior da confraría de pescadores de Fisterra. Novas relacionadas Fonte - Nota e imaxes da Confraría do Pindo.
|