|
Xa estamos a 30 de xuño de 2009. Só quedan unhas horas para pechar a votación da Elección Histórica da Costa da Morte. Logo de case que dous meses de viaxe pola bisbarra, de nome en nome, de historia en historia, os lectores de QPC e de corcubion.com elixirán ao personaxe histórico máis significativo da Costa da Morte. Dous meses, nos que da man dos sabios máis sabios da Costa, percorremos a historia da bisbarra. Dous meses de lendas, dous meses de grande aprendizaxe do noso pasado a través das persoas máis influintes no devir da bisbarra. Personaxes de tódalas épocas: dende algún do século XVII como Simón Tomé Santos, ata algún vivinte, como o mesmo Artur Trillo. Todos eles fixeron, e fan, da Costa un lugar mellor. Máis votacións de lectores e sabios Hoxe, quedan abertas de novo as votacións, para que todos os que xa votaron no seu momento poidan votar de novo. Ademais das votacións dos lectores, traeremos tamén as votacións do Comité, que tamén están a elixir o persoeiro da Costa para os sabios colaboradores da bisbarra. Que nos quiten o aprendido! Persoeiros internacionais A pasada semana atopábamos un dos persoeiros que participan na votación. O corcubionés Plácido Castro Rivas, do que a Fundación que leva o seu nome, colocabaun busto en Vigo. Pero varios desalmados o destrozaron provocando o segundo desterro do corcubionés máis ilustre. Elección Histórica Novas relacionadas Fonte
|