Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dez artesáns continúan mantendo vivos os seus oficios no Castelo de Vimianzo  Correo-e
martes, 30 de junio do 2009

A Deputación da Coruña vén de asinar unhas axudas de ata 86.000 euros para a organización da XVI Mostra de "Artesanía en Vivo", que acolle este ano dez oficios artesáns no Castelo de Vimianzo. Dez artesáns que están todo o ano no Castelo de Vimianzo, mantendo vivos dez oficios en perigo de extinción. A Mostra está aberta, como xa é tradicional, de forma ininterrompidamente durante os meses de xullo, agosto e setiembre no Castelo de Vimianzo e as fins de semana e festivos durante todo o ano ata xullo de 2010, organizada pola Deputación da Coruña, en colaboración co concello.

Os artesáns presentes na XVI "Mostra de Artesanía en Vivo", os verdadeiros protagonistas, formalizaron onte co presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, o contrato para o desenvolvemento das súas actividades.

Image 

Oficios e artesáns

As artesanías presentes son: encaixe, artesanía do liño, cestería, sombrerería, olería de Buño, platería, maquetería de barcos, cantería, zoquería e artesanía en pel. Os artesáns que estarán presentes na mostra son os seguintes:

  • José Rodríguez Mouzo: Canteiro (Vimianzo).
  • Esther Ferreiro Romar: Platería (Santiago).
  • Manuel Pérez Martínez: Zoquería (Vimianzo).
  • Jesús Antelo Gómez: Cestería
  • Fernando Cambón Cambre: Olería (Buño).
  • Fermín Barcia Gerpe: Maquetería de barcos (Camariñas).
  • María da Cruz Isabel Torre Quintáns: Sombrerería (Mazaricos).
  • Asociación Amigos do Liño da provincia da Coruña: Liño (Carreira-Zas);
  • Asociación de Palilleiras "Nosa Señora dá Barca de Muxía": Encaixe (Muxía)-
  • Asociación de Palilleiras "As Nemanquiñas": Encaixe (Vimianzo)
  • Asociación de Palilleiras de Camariñas (Rendas): Encaixe (Camariñas).
  • ASPADEX: Artesanía da pel (Cee).

Salvador Fernández Moreda destacou no acto da firma o compromiso da Deputación da Coruña coa Costa da Morte, e coa promoción do turismo nesa zona. Ademais eloxiou as distintas manifestacións artesás da Costa da Morte, que teñen un "gran escaparate" no Castelo de Vimianzo, segundo o apuntado polo presidente provincial. Aquí vemos a Fermín, o maquetista de Camariñas.

 Image

Horario

  • De outubro a maio (excepto Semana Santa): 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30;
  • Semana Santa e xullo, agosto e setembro: 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30.
  • Pechado os luns.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com