Para rebaixar as críticas de moitos sectores, a Consellería do Mar toma a decisión de quintuplicar a presencia da Tripulación en base do helicóptero de Salvamento Pesca 1. A oposición xa mostrou o seu total rexeitamento ante a decisión de non dotar á Costa da Morte dunha nova base de Salvamento, e en cada concello, tanto BNG coma PSOE presentaron mocións para recuperar o proxecto. O obxectivo de aumentar a tripulaciónda base de Vigo é ter un tempo de resposte de 10 minutos 24 horas ao día. Ademais, a partir do 2010, este mesmo modelo implantarase na base de Celeiro no 2010, de xeito que cos dous helicópteros da Xunta e o Helimer de Salvamento Marítimo, con base na Coruña, a costa galega poida quedar cuberta as 24 horas do día cun tempo de resposta de 10 minutos'. A idea é ter un "servicio máis operativo, eficiente e racional". Fernando Novoa, un técnico de Inaer explicou que "con este modelo de salvamento marítimo Galicia se atoparía á cabeza de Europa". Rosa Quintana subliñou que “o noso obxectivo é mellorar a capacidade operativa do Servicio de Salvamento para dar unha resposta o antes posible. Por iso, ademáis de ampliar a presencia física das tripulacións a 24 horas, incrementaremos as horas de voo e se realizarán programas de adestramento, para mellorar a capacidade de reacción”. "O noso obxectivo é salvar vidas –proseguiu- e para iso é necesario unha resposta o máis rápida e eficaz posible. Con este modelo lograse reducir os tempos de resposta e por tanto se mellora a eficacia”. Antes o horario en base era de 9.30 a 14.00 horas e o resto da xornada a tripulación estaba localizable, cun tempo aproximado de resposta de media hora, en circunstancias normais, o que supón que só nesas 4,5 horas o tempo de resposta para iniciar o voo era de 10 minutos. Datos técnicos O técnico de Inaer indicou que o nivel de risco na zona a intervir establecese en función da media anual de incidentes que se producen ao ano. Se se rexistran un ou dous accidentes por día estamos diante dunha zona de moi alto risco; se se produce un en cinco días, o risco é alto; cun incidente en tres semanas estamos diante dun risco medio; se o siniestro se produce nun prazo de 3 meses, o risco é baixo e se o tempo que transcorre é superior a tres meses o risco da zona será moi baixo. Fernando Novoa explicou que, outro dos criterios utilizados polos ingleses se basa en que os helicópteros deben estar nun punto a 40 millas da súa base unha hora despois de haber despegado, e a 100 millas dúas horas máis tarde de iniciar o voo. Aplicando estes criterios ao Sistema de Salvamento Marítimo de Galicia a costa galega sería clasificada de risco medio. Calquera punto da costa está a menos de 25 minutos de voo dun helicóptero de salvamento (Pesca 1, Pesca 2 e Helimer Galicia). Os helicópteros de salvamento acadan un punto situado a 40 millas da súa base en 28,5 minutos, despois de haber recibido a orde de despegue, e en 56,2 minutos se acada un punto situado a 100 millas. Según as explicacións do técnico de Inaer, co modelo que implantará a Xunta (24 horas presenciais da tripulación en base), se reducen á metade os tempos de desprazamento que establece Inglaterra como referencia, xa que un helicóptero do Servicio de Salvamento en Galicia chegaría en menos de media hora de voo a unha distancia de 40 millas, mentres o modelo inglés establece unha hora, e a 100 millas en 56'2 minutos, menos da metade das dúas horas que establece Inglaterra para este traxecto. Fernando Novoa fixo unha comparativa dos tempos de voo desde as tres bases operativas actualmente e desde a prevista en Lires, ata o cabo de Fisterra, e ata dous puntos de referencia a unha distancia de 20 millas ao noroeste e 20 millas ao sudoeste desde Fisterra. Neste sentido afirmou que o Pesca 1, con base en Vigo, tarda 21,3 minutos en acadar o Cabo de Fisterra, 22,6 minutos en situarse a 20 millas ao sudoeste de Fisterra e 30 minutos para chegar a 20 millas ao noroeste deste punto de referencia da Costa da Morte. Os tempos do Pesca 2, con base en Celeiro, unha vez implantado o sistema de tripulación permanente en base as 24 horas do día, serían de 39,6 minutos ata acadar o Cabo de Fisterra; 42,1 minutos para situarse 20 millas ao noroeste de Fisterra e 47,9 para acadar o punto situado a 20 millas ao sudoeste de Fisterra. Os tempos para o Helimer Galicia serían de 18,9 minutos para situarse en Fisterra; 25,3 para acadar 20 millas ao noroeste e 30,4 para chegar a 20 millas ao sudoeste de Fisterra. Respecto ao helicóptero previsto en Lires, os tempos de voo para acadar Fisterra serían (durante 19,5 horas ao día) de 33,1 minutos (máis do que tardan o Pesca 1 e o Helimer); para tomar a posición 20 millas ao noroeste, 39,2 minutos (máis que o Pesca 1 e o Helimer e a escasos 3 minutos do que tardaría o Pesca 2) e para desprazarse a 20 millas ao sudoeste, 39,6 minutos (máis que o Pesca 1 e o Helimer e 8,3 minutos menos que o Pesca 1). Só durante 4,5 horas ao día os tempos de voo serían inferiores ao resto das bases operativas 24 horas ao día con presencia física das tripulacións, cando eses accidentes ocorran entre o Roncudo e Aguiño. Durante o resto do día sempre chegarían antes o Helimer e o Pesca 1; e o Pesca 2 chegaría case ao mesmo tempo que o Pesca 3 previsto en Lires. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Gabinete Comunicación da Consellería do Mar.
|