Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Voltan as Noites de Verán a Cabana de Bergantiños  Correo-e
martes, 30 de junio do 2009

Image

Durante os meses de xullo e agosto, non haberá escusa para que as noites no concello de Cabana de Bergantiños sexan un aborrecemento. Porque desde o Departamento de Cultura se artellou unha variada programación cultural que, atendendo ás demandas de todo tipo de público, obrigarán a cabaneses e visitantes a coller a cama cun pouco máis de tardanza. Todas as actividades terán inicio ás 22:00h da noite, agás a Noite Celta no castro A Cidá e a Noite Medieval de Riobó, e a súa realización espallarase polas distintas parroquias do municipio.

Camiñadas

O punto de partida deste Verán Cultural 09 en Cabana de Bergantiños terá lugar o vindeiro venres 3 de xullo cunha camiñada pola senda da Ribeira con saída desde a praia da Urixeira. Non será a única ruta do verán xa que para o luns 10 de agosto está programada a Noite das Estrelas, na cal o físico baiés Jorge Mira guiará ós viandantes nocturnos desde a aldea de Anos ata os altos cumes do monte da Eirita. A última proposta de andar terá lugar o sábado 22 de agosto con outra camiñada nocturna polo rego dos Muíños con saída desde a praza de Canduas.

Actividades para cativos

O público infantil tamén será protagonista nestas Noites de Verán. Así, o venres 10 de xullo poderán acudir na praza de Neaño á proxección da película La brújula dorada, o venres 17 á actuación do mago Romaris no campo do Briño, o domingo 9 de agosto ó espectáculo dos pallasos Tul y Pan no campo do San Fins do Castro e o domingo 23 á sesión de maxia con Cristian Magic na praza de Canduas.

Noites meigas

No programa deste ano destacan tres noites festivas. A gran novidade é a creación do festival Noite da Mocidade na que a música rock virá da conta do grupo carballés The Cerne acompañados dun obradoiro de danza moderna coas compoñentes das Dríadas.

Por outra banda, continúase coa tradicional Noite Celta no castro A Cidá de Borneiro. Esta cita comezará máis cedo, a partir das seis da tarde do venres 24 de xullo. Este ano a animación histórica correrá a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns e das actuacións musicais terán conta o grupo folk Ruote da Coruña e a banda de gaitas Malante de Malpica de Bergantiños. Nas chousas que bordean o castro, ademais de poder degustar carne de porco celta á grella, os visitantes poderán visitar distintos postos de artesanía.

A última noite festiva viaxará no tempo desde as catro da tarde do sábado 8 de agosto ó pasado medieval da parroquia de Riobó. Despois do éxito acadado coa masiva concorrencia de público do ano pasado, a aldea de Riobó atraerá a novos visitantes con ofertas lúdicas como o tiro con arco, animación histórica coa compañía Zancalino, artesanía, degustación de pratos típicos e distintos obradoiros artesanais. Este ano, a música tradicional soará cos pontevedreses Pai da Cana. Aquí embaixo vemos unha escena da noite do ano pasado.

Image 

Programa

Xullo

  • Venres, día 3. PRAIA DA URIXEIRA: 22.00 h. Camiñada pola Senda da Ribeira con saída desde a Praia da Urixeira (Neaño);
  • Venres, día 10. PRAZA DE NEAÑO: 22.00 h. Noite de cine. La brújula dorada.
  • Venres, día 17. CAMPO DO BRIÑO: 22.00 h. Noite da Maxia. Actuación do mago Romaris. No Campo do Briño (Borneiro)
  • Venres, día 24. CASTRO A CIDÁ DE BORNEIRO: A partir das 18.00 h. Tarde-Noite do Castro Animado. Degustación de porco celta. Música tradicional con Ruote e coa banda de gaitas Malante. Animación histórica con Quinquilláns. Postos de artesanía. No castro A Cidá (Borneiro).

Agosto

  • Venres, día 7. PRAIA DO PENDÓN: 22.00 h. Noite da Mocidade. The Cerne e obradoiro de danza moderna a cargo das Dríadas.
  • Sábado, día 8. RIOBÓ: A partir das 16.00 h. Tarde-Noite do Medievo. Tiro con arco, animación coa compañía Zancalino, música tradicional co grupo Pai da Cana, artesanía, degustación de productos típicos, obradoiros.
  • Domingo, día 9. CAMPO DE SAN FINS DO CASTRO: 22.00 h. Noite infantil. Pallasos “Tul y Pan”.
  • Luns, día 10. A MEDOÑA: 22.00 h. Noite das Estrelas. Percorrido nocturno circular guiado por Jorge Mira desde Anos ata a Pena da Eirita. Saída do Local Social da Medoña en Anos.
  • Sábado, día 22. REGO DOS MUÍÑOS: 22.00 h. Camiñada nocturna pola senda dos muíños. Saída do Campo da Festa de Canduas.
  • Domingo, día 23. CANDUAS: 22.00 h. Maxia con Cristian Magic na Praza de Canduas.

Organizadores e colaboradores

No desenvolvemento deste programa cultural colaboran a Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación da Coruña, as seguintes asociacións do concello de Cabana de Bergantiños: Asociación de Veciños San Martiño de Riobó, Asociación Cultural Pedra da Vella, asociacións de Festas de Borneiro, Canduas e Cesullas e o Programa Concellos Saudables.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com