|

Xa está aquí a XVII Festa do Percebe do Roncudo. A data será o vindeiro 11 de xullo, cando a Confraría de Pescadores, cos mariscadores e mariscadoras ao fronte, organice unha das festas gastronómicas máis importantes de todo o país. Músicas Ao longo do día a nota músical chega da man da Magnifique Band des hommes sans medo, unha banda de rúa de música dixie. Desde bandas galegas como Matraca Perversa, GalegoZ o The Sweat, levantan as rúas co seu ritmo imponente. 2 saxos, trompeta, tuba, trombón, guitarra e percusions son os instrumentos desta orixinal formación. Para a verbena estará a clásica orquestra Costa Azul será a a encargada de facer bailar na Praza da Ribeira. Degustación e Turismo percebeiro
Non cabe dúbida que será o percebe o meirande protagonista da festa, e a súa degustación a razón pola que milleiros de persoas de tada Galicia se achegarán ata Corme para desfrutalo. Arriba vemos unha foto da festa do ano pasado. A organización abre tren turístico para visitar o Cabo Roncudo e coñecer, por medio do Técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, como se recollen os percebes e coñecer a historia de Corme. Por outra banda, cada 40 minutos sairá do porto cormelán un barco de pasaxeiros para coñecer a ría e toda a historia que rodea a ría de Corme e Laxe. Nos vindeiros días traeremos a promoción da serie Para mariñeiros nós. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|