|
 O pasado domingo 28 de xuño de 2009 disputouse a final da Copa de Veteranos. O Bergantiños e o Nantón loitaron polo título no campo das Pedreiras, en Verdillo, pero foi o Nanton o que mostrou a súa superioridade e levou o partido e a Copa por un contundente 4-0. Os chamados Ponis, reafirman a súa supremacía na categoría ao gañar a Copa logo de proclamarse campión da Liga. Deron boa conta do todopoderoso Berganchester City (aquí abaixo), pero o encontro non foi tan sinxelo como apunta o resultado.  Os homes de Paquinho completan unha inmellorable tempada, e sacaron ademais unha espiña trala final perdida na primeira edición desta Copa ante o Cabaninter. Como nos contan os propios veteranos dende o blog cdnanton.blogspot.com, o encontro comezou moi igualado, e o Bergantiños tivo as primeiras opcións de adiantrase no marcador. Pero foi transformado por Serra, que colocaba unha falta directa na mesma escuadra. As diferencias fóronse acentuándose, o Bergan non recuperou do golpe e David puxo o 2-0 que puña as cousas moi difíciles para os carballeses. Antes de chegar ao descanso, Baña marcou outro golazo que demostra o nivel do fútbol dos Veteranos da Costa. O mesmo Baña pechou a conta tras un bo pase de David, e coloca ao Nantón como rei dos Veteranos. Premios da tempada A xornada festiva servíu para entregar varios premios por parte do Comité. Aquí temos ao representante do Corme recollendo o premio á Deportividade.  Aquí o Vimianzo recolle o premio ao Campión da 2ª División.  Aquí, o Clube do Mar recolle o premio polo seu subcampionato na 2ª División.  Vemos aquí ao Máximo Goleador da tempada: Gonzalo Álvarez Nogareda (Bértoa).  Novas relacionadas
|