doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Rafael Lema e Alicia Baña presentaron as súas obras na Feira do Libro de Santa Comba  Correo-e
martes, 30 de junio do 2009

Image

Os dous escritores da Ponte da Porto participaron conxuntamente na Feira do Libro de Santa Comba, para presentar as súas últimas obas. Rafael Lema e Alicia Baña, Alicia Baña e Rafael Lema, dous dos mellores representantes da cultura da Costa da Morte. Queremos facer fincapé na laboura literaria (entre outros campos) do escrito Rafael Lema, parte ademais do Comité de Sabios da Elección Histórica da Costa da Morte, que está a piques de rematar.

Non ficou aí a participación da bisbarra na feira. O día grande das letras tamén tivo outra protagonista, a escritora ceense Concha Branco que asinou exemplares da súa obra "Coa carauta posta".

Así, os protagonistas foron os libros: Crónicas Corsarias, o libro de Lema que narra a historia de Ambrosio, o pirata de Camariñas; e Daltonismo Vital, onde os poemas de Alicia Baña chegan ao corazón.

Na presentación, Lema destacou a aposta do Concello local pola cultura e o libro e pediu que a feira tivese continuidade no tempo ao ser o evento deste tipo máis próximo ás comarcas de Soneira e Fisterra. O autor falou sobre as circunstancias históricas da súa novela ambientada no 1805, en vésperas da batalla de Fisterra previa a Trafalgar , no comercio da costa coruñesa da época e a actividade corsaria e no labor dos arrieros do Xallas como transportistas das mercancias dos barcos da costa.

Crónicas Corsarias

Crónicas Corsarias está editada en Edelvives e neste caso lévanos a unha misión sobre o tesouro dun barco comercial da Compañía de Indias que debe interceptar á altura de cabo Fisterra un corsario de Camariñas, un personaxe real da época napoleónica, Ambrosio Álvarez Pardiñas, e é a segunda parte de Capitán Rabuña, que tivo tres edicións. Foi presentada en abril en Betanzos, dentro da Festa das Letras e en xullo será mostrada na librería Ler de Ponte do Porto.

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com