Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Carnota festexou a festa do fútbol base  Correo-e
martes, 30 de junio do 2009

Image

O pasado sábado 27 de xuño tivo lugar no Campo Municipal de Fútbol de Lombáns no Concello de Carnota, a clausura da VII Liga da Costa da Morte de Fútbol 7 nas categorías de Alevín e Benxamín. A asistencia e particiapación foi fenomenal e arredor de 600 persoas, entre xogadores e acompañantes, ateigaron o campo carotán.

Image 

Nesta edición da liga participaron un total de 17 equipos de categoría Alevín e 14 de categoría Benxamín, divididos en dous grupos, Costa Norte e Costa Sur. A fase final da liga celebrada no Concello de Carnota disputárona os equipos campeóns de cada grupo e categoría. Algún levou a camiseta da Costa da Morte, a ver cando podemos ver esto nunha competición nacional e que non haia mortos polo camiño... 

Image 

A xornada comezou as 17:00 h coa presentación dos equipos e o torneo. Os partidos disputáronse de forma simultanea en dous campos. A parte dos partidos da fase final tamén tivo lugar un partido entre as seleccións alevíns de cada grupo. O acto deuse por finalizado en torno as 20:00 h coa entrega de trofeos e agasallos por parte da corporación municipal, o Alcalde Don José Domingo Oreiro Rodríguez, a Tenente de Alcalde Marisol Piñeiro e o Concelleiro de Deportes José Enrique Romero Caamaño. Así de sedentos quedaron os pequenos artistas.

Image 

Clasificacións

A clasificación final, malia ser o de menos, foi a seguinte:

  • Benxamín:
    - 1º clasificado: As Baleas (Camariñas), pertencente o grupo Norte;
    - 2º clasificado: Santa Comba, pertencente o grupo Sur, (resultado da final: 2-0).
  • Alevín:
    - 1º clasificado: Concello de Cabana, pertencente o grupo Norte;
    - 2º clasificado: Esteirana, pertencente o grupo Sur, (resultado da final: 3-1).

Estes son varios dos equipos participaron:

Un equipo de Ponteceso:

Image

Os alevíns de Camariñas:

Image

Os rapaces de Carnota:

Image

Os Míudos de Muros:

Image

Organización

A Xornada organizada pola Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Carnota, que paralela e simultáneamente ó acto de Clausura da Liga, programou unha serie de actividades de ocio e tempo libre para disfrute dos cativos e algúns adultos, as cales tiveron unha gran acollida entre os asistentes. Contaba cun circuito Ximcana -deportivo e xogos populares (A chave, a Ra, os Aros, a Mariola…), actividades que teñen instalacións permanentes no complexo deportivo Municipal de Lombáns.

Entre todos eles atopamos ao adestrador do Carnota da Liga da Costa, Alfredo Cambeiro.

Image 

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com