Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Xunta ratifica a prohibición da captura da xarda e anuncia rebaixas nas taxas portuarias  Correo-e
miércoles, 01 de julio do 2009

Image

A Consellería do Mar, ante as dúbidas do sector, aclara que a prohibición da captura de xarda afecta a todas as embarcacións de Galicia tanto á pesca profesional como á deportiva. Unha prohibición que estará vixente ata fin do 2009. A semana pasada a Asoar-Armega facía públicas as súas dúbidas polo esgotamento da cota anual, indicando que "o esgotamento da cota por parte de outros sectores e outras comunidades autónomas".

Hoxe, responde a Xunta, pero responde en termos absolutos. "A cota está pechada para todos". Matiza Mar, e lembra que foi o Goberno Central quen prohibiu a captura de xarda nas zonas VIII c, IX X e Augas comunitarias do CPACO 34.1.1 (dende o Golfo de Cádiz ata Francia). A prohibición afecta a todas as embarcacións de Galicia dende as 00:00 horas do día 10 de xuño.

O departamento de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, que dirixe Pablo Fernández Asensio quere facer varias aclaracións: explica que o peche da pesca desta especie decrétase en función da superación dos cupos de captura (TACs) establecidos para este ano tanto no caladero Cantábrico-Noroeste coma no golfo de Cádiz, polo que se entende que a prohibición de captura de xarda tamén é establecida para as augas interiores, dado que dito esgotamento prodúcese en toda a zona VIII e IX.

Rebaixa de impostos aos portos

Image 

Portos de Galicia inicia unha reestruturación das taxas e da súa tramitación fiscal e administrtativa. Para iso comeza cun estudio pormenorizado e exhaustivo, para que no ano 2010 se poida levar adiante unha redución sensible das cargas burocráticas que trae consigo o amarre dos barcos e as operacións portuarias.

Así o anunciaba onte o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana. Portos de Galicia quere aplicar tres principios que rexerán as revisadas taxas de portos e que se guiarán pola premisa dun alivio fiscal, buscando o axuste e redución dos montantes e cargas polas diferentes operacións a efectuar nos espazos de dominio público portuario; polo fomento da actividade e usos dos portos e, finalmente, por unha simplificación administrativa e burocrática que de axilidade e comprensión ao usuario sobre o sistema de tramitación administrativa.

Álvarez Camapna lembrou que a administración ten "ánimo de simplificar, remodelar e axeitar á realidade esta normativa económico-administrativa”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.
  • Imaxes de Laxe.net.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com