|

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, continúa coa campaña de relanzamento da” Feira da Trabe”. E ademais das Feiras do Pan e das Fabas, artella tamén a II Feira do Motor, que terá ligar o este sábado 4 de xullo, ó longo de todo o día, na localidade de Ponteceso. En ela participarán os concesionarios “Autos RS”,” Carrocerías Rey”,”Talleres García Ordóñez” de Ponteceso, e “Talleres Collazo” e “Talleres Canto” de Cabana. Tamén participará “Alquileres Reneymar”. En dita feira, ademais de vehículos de ocasión, haberá coches ecolóxicos (a gas) e maquinaria agrícola e industrial. Ao longo do día, haberá exposición de coches de competición e motos clásicas. Repartiranse agasallos promocionais do Concello entre os asistentes. Pola tarde, realizaranse exhibicións de radiocontrol.. Aparte, o Grupo de gaitas “O Cruceiro” da Asociación San Xoán de Xornes, amenizará a feira ao longo da mañá. Con esta feira preténdese dinamizar este sector, que está sendo un dos máis castigados pola crise. Aproveitando o bo tempo e os bos prezos, é unha magnífica ocasión para mirar ese coche que temos pensado mercar, e de paso, dar unha volta pola feira que contará cos postos habituais e por Ponteceso, e entreterse coas actividades programadas. Novas relacionadas Fonte
|