|
Xa pasaron os tempos nos que as festas da Costa da Morte só nacen en clave de orquestra. Os novos tempos están aquí e a mocidade prepara novos modos de ver as celebracións. E esta fin de semana habémolo comprobar, cando vaiamos coma público e formemos parte da organización do evento a través da frecuencia modulada. Así, serán moitas as artes que se combinen esta fin de semana en Malpica, toda unha amálgama de actividades culturais e recreativas. O FM Musical Festival chega como un novo xeito de facer as festas. Músicas de todos os estilos (a maior parte do país), ecoloxía, artesanía e deporte, mesturaranse na mellor paraxe posible, para facer desta fin de semana do 3, 4 e 5 de xullo, unha data sinalada no calendario de festas. Será o primeiro festival onde o son do público será o protagonista. O público será quen levará a batuta do son a través da frecuencia modulada, entregados a un collage onde o mar, a artesanía, a biocultura, as terapias alternativas, a ecoloxía e o deporte terán un lugar especial.. Haberá músicos de rock, electronica e hip hop, que virán á Costa da Morte a entregar as súas enerxías. A participación do público E é que FM Music Festival aposta por ser o primeiro encontro en España no que os asistentes participan como ferramentas moduladoras para a creación de son. Será a través dos seus propios aparellos de radio, dos equipos que estarán situados por toda a localidade e dunha emisora, formando un son único e particular que deu lugar ao lema da cita: "Mentres máis sexamos, máis soamos". Segundo explica o director de FM Music Festival, Juan Miragaya, a presenza innovadora da frecuencia modulada que parte do público será dirixida por unha emisión de audio tradicional, a través dos equipos de son de última tecnoloxía que usarán os distintos artistas, co fin de crear un océano sonoro que funda aos asistentes e aos músicos participantes. E serán estes últimos, "os músicos", o gran gancho deste festival único e alternativo, encargados de pór a vibrar a miles de persoas nunha frecuencia especial. Así, o cartel conta con figuras da música contemporánea, logrando un encontro de artistas galegos , nacionais e internacionais que participarán co público neste peculiar encontro que busca facer do son unha catarse, e das trapias alternativas unha canle para saciar ao alma. Máis información Citas da fin de semana Adiante a senda verde de Malpica. Fonte
|