|

Segundo nos contan dende o concello carnotán, o número de participantes nas actividades de verán, que oferta o Concello de Carnota, desborda as previsións da Concellería de Cultura e Deportes. Campamento urbano, inglés, cursos náuticos e outros xa ampliaron grupos e novos horarios debido a grande demanda que están experimentando. Inglés Na actividades de inglés os grupos dividíronse por idades para mellorar o seu desenrolo e igualar os niveis do coñecemento. Quedando así un grupo de iniciación, con nenos de 4 a 6 anos e dous grupos máis de rapaces entre 7 e 13 anos. Así mesmo, o grupo de adultos sairá para adiante en breve. Cursos náuticos Por outra banda non se descarta sacar novos cursos de distintas modalidades náuticas como Bodyboard e novas datas dos cursos de surf, windsurf e kayak-catamarán pois as ofertadas ata o momento tanto en xullo como en agosto, xa están completas. Campamento urbán Respecto ó campamento urbán para nenos de 4 a 8 anos que se ofertaba na primeira quincena de xullo xa se pensa en organizar outra quenda nas últimas semanas do mesmo mes e, na mesma línea, esperamos a ampliación do campamento urbán en agosto previsto para rapaces de 9 a 14 anos. Participación e inscricións Os participantes nestas actividades son xente do propio concello, de concellos limítrofes e tamén veraneantes doutras comunidades do país, que gracias a boa organización e variedade das actividades ofertadas comprobamos que esperta un gran interés e unha excelente acollida. Para inscribirse, poden pasar polo Concello de Carnota, no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota. Tamén poden chamar ao 981 85 70 32. Novas relacionadas Fonte
|