Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Fútbol sala para os pequenos e Xuntanza de confraternidade para os maiores de Cee  Correo-e
miércoles, 01 de julio do 2009

Image

Este sábado 4 de xullo disputarase no Pavillón Municipal de Cee o Torneo de Fútbol Sala Infantil Concello de Cee, para abrir as actividades deportivas deste verán 2009, que repasaremos nos vindeiros días. Os encontros comezarán ás 10.00h e non rematarán ata ás 22.30h da noite.

Xogarán representantes de toda a bisbarra nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. Xa están apuntadas entidades como o Concello de Fisterra, "As Baleas" de Camariñas, EDM Fútbol Sala Cee, etc. Está organizada polo departamento de deportes que dirixe Manolo Calo.

Image 

Tamén en Dumbría ten lugar o mesmo día un campionato de fútbol 7 en categorías de base, do que falaremos mañá.

Obradoiros de creatividade

Seguen abertos ademais os prazos de inscrición para os Obradoiro de creatividade para nenos en Cee.

Xuntanza de Maiores

Pero tamén hai actividades para os máis maiores, xa que a Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, informa que o vindeiro 19 de xullo terá lugar no Monte de San Pedro a XIV XUNTANZA DE CONFRATERNIDADE DOS NOSOS MAIORES, dirixida a persoas maiores de 65 anos e pensionistas maiores de 65 anos.

As persoas interesadas en asistir poden retirar as invitacións nas oficinas da Área de Benestar Social e Igualdade no edificio do Concello, 1º piso ou no Centro Social ata o día 15 de xullo.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com