|
Panorama foi elixida como Mellor Orquestra de Galicia |
Correo-e
|
|
miércoles, 01 de julio do 2009 |
|
A orquestra Panorama recibirá o vindeiro mércores 1 de xullo en Santa Comba, o trofeo e o diploma que a acreditan como gañadora do concurso a Mellor Orquestra de Galicia, que se convoca anualmente en internet ó traverso da web www.anosacosta.com. Coincidindo cos actos de conmemoración do quinto aniversario desta web e do nacemento da súa irmá cibernética Anosagalicia.es, e coa actuación de Panorama na última verbena das festas de San Pedro de Santa Comba. Esta formación ven gañando este concurso mediante votacións populares dos internautas. De feito Panorama foi a máis votada nos catro concursos celebrados, nas edicións de 2005, 2006, 2007 e 2008. Así, hoxe mércores 1 de xullo, o webmaster de Anosacosta, Marcos Díaz e o director da mesma, Xosé Manuel Lema entregarán dito premio os membros da prestixiosa orquestra. A quinta edición do concurso a Mellor Orquestra de Galicia comenzará no mes de setembro. Primeiro ábrese un prazo de presentación de candidaturas, e as oito orquestras máis apoiadas, entran na fase final e nunha votación on-line pública. Nestes catro anos de votacións, Panorama foi a favorita. Máis información Novas relacionadas Fonte
|