|
A A.X. Cherinkas fai unha curta sobre o "narcoturismo" na Costa da Morte |
Correo-e
|
|
jueves, 02 de julio do 2009 |
|
Non se trata dunha nova entrega da saga de Igor Damianov e John Michael. Pero nace do mesmo pai. Aí está a Asociación Xuvenil Cherinkas demostrando que o audiovisual na Costa da Morte está moi vivo, e non cansamos de repetilo. Aí está para cercioralo o equipo de Para mariñeiros nós, cos que aínda nos queda pendente unha cita. "Pim Pam Pum Bocadillo de Atún" "Pim Pam Pum Bocadillo de Atún" é un corto ideado orixinalmente por Juanma Buiturón, e que contou entre outros coa colaboración de Juan Gimel (actor), Ghillermo (realización, montaxe e codirector xunto con Juanma) ou Alejandro C .Mouzo (cámara helicóptero). A grabación data de finales de Abril de 2009, e trata sobre o tan famoso narcoturismo na costa galega. As localizacións escollidas foron Cee e a praia da Langosteira. Os personaxes principais son Charly (Juanma Buiturón) e Juancho (Juan Gimel), dous vellos amigos que se atopan un bo día na cola do Inem, e xuntos deciden traballar nun negocio un tanto sospeitoso. Tomas falsas do Eurovisión A Cherinkas acaba de sacar as Tomas falsas do Festival Eurovisión. Non deixen de pasar para botar unhas boas risas. Máis información Saga da A.X. Cherinkas Saga de "Para mariñeiros nós" Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Asociación Xuvenil Cherinkas .
|