|
A Asociación Virxe da Cerca de Carnés recolle fotos antigas da Fagía para unha exposición |
Correo-e
|
|
jueves, 02 de julio do 2009 |
|
A Asociación Virxe da Cerca de Carnés solicita ós veciños de toda a Costa a cesión de fotos antigas sobre a tradicional festa gastronómica da Fagía. Fai así a Asociación un chamamento á vecendidade para que achegue fotos antigas da celebración de San Cristovo, da Fagía e de Carnés en xeral. O obxectivo é montar unha exposición na Escola, en colaboración co Concello, durante os días da festa.  Información - Prazo de entrega: ata o luns 06/07/2009.
- Os veciños que poidan ceder fotos, deben deixar as fotos nun sobre co seu nome e a data da foto, nos seguintes lugares de entrega:
- En Carnés: Bar Ferrín, Bar Ciprés; - No Concello de Vimianzo: tamén poden acudir ó concello donde llas escanearán e devolverán os orixinais no momento. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Asociación Virxe da Cerca de Carnés.
|