|

Como sucedera o pasado ano no Pinguel, a radiONeria e a Radio Roncudo estarán na Final da Copa da Costa. A final será o dominfgo 5 de xullo ás 19:00h no Municipal de Vimianzo, e o Soneira parte coa pequena vantaxe que lle outorga o gol de Víctor García no Pinguel. Xa no partido de ida estiveron dous rapaces da emisora municipal de Corcubión, Iván Pereira e Álvaro Lago, facendo entrevistas. Ambos realizaron un Especial da Copa que podedes escoitar dende o blog da radio (a man dereita están todos os programas da radio que podedes escoitar dende o blog). E esta semana as emisoras que unen o norte e o sur da Costa da Morte non queda atras. O domingo a partir das 18.30 da tarde no 106.1 da FM (na comarca de Bergantiños) e no 107.8 da FM (na comarca de Fisterra e Carnota) poderás escoitar a retransmisión do partido dende Vimianzo entre o SD Soneira e o UD Ponteceso. Os encargados da retransmisión serán Adrián Leira (Locutor), Xabi Gonzalez (Locutor), Álvaro Lago (Locutor), Ubaldo Cerqueiro (Locutor) e Iván Pereira (Control técnico). Ademais, o máís probable é que repitan E ás 22:00h do mesmo domingo, para rematar a xornada de futbol da Costa, Emitirase un Especial Final da Copa da Costa o que deu de si todo o partido con entrevistas aos diferentes xogadores, directivos e entrenadores dos dous equipos. Este especial repetirase o luns e o martes ás 11:00h. Novas relacionadas Máis novas
|